
O animador Ryan Chen, da escola de cinema da Universidade de California Sur, preséntanos unha obra en 3D ambientada nunha guerra civil que provoca a separación de dous grandes amigos en dous bandos en We the divided. Gabriel Fco. Salinas tráenos un videoclip para a categoría Multimedia coa canción Vacacións en Francia do álbum Cáctus, interpretada polo grupo Jet 7, sobre un madrileño que se despraza até París para coñecer os recunchos da capital francesa.
Frank Robnik participa cunha obra chegada desde a Universidade de Ciencias Aplicadas de Augsburgo, un documental educativo titulado Mounstrous Wildlife. O estudo noruegués de Tanjet Films volve participar de novo en Animacam nesta Terceira Edición cos seus particulares personaxes animados chegados desde Marte, cun monólogo de Stand Up Comedy Matters. Por último, Chips and Films preséntanos un vídeo promocional da súa serie Sin tetas no hay nadie en mi piso e as diferentes vías de comunicación coas que conta para compartir información na rede.
No hay comentarios:
Publicar un comentario