
The tower of time é unha excelente aventura fantástica en 3D dirixida por José Luis Quirós que mestura imaxe real con animación 3D, utilizando unha estética similar ao afamado xogo Final Fantasy, narra unha metáfora entre o tempo e a morte, as súas semellanzas e diferenzas. O italiano Federico Anastasi preséntanos unha fermosa e reivindicativa animación 2D que aboga polo respecto á natureza, iluminando sen contaminar en Lightstealer. Masahiko Adachi, desde Xapón, preséntanos a tradicional cultura nipón da tatuaxe, representando en "cor carne" a arte e beleza que representan esta fermosa tradición.
A artista estadounidense de orixe coreana Eun-Ha Paek, repite participación en Animacam nesta Terceira Edición. Tras presentar a pasada semana Hunger like the wolf, móstranos Now and Then, un poema de Billy Collins, cunha lograda animación tradicional acompasada cos versos do poeta norteamericano. Finalmente, Secunde móstranos unha animación da danza para tranquilizar á deusa Abeguwo que vive no ceo. Dirixida polo holandés Guusje Kaayk insignia a través da música, unha animación divina, dedicada aos deuses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario