
A experimentadísima animadora francesa Monique Renault, protagonista nunha entrega do espazo de Animacam, Mulleres Animando, colabora e participa co Festival enviando gran parte da súa obra. Nesta ocasión, presenta unha animación de 1973 titulada À la votre, na que unha bela rapaza e un Mini-Superman están engatusados nun curioso xogo erótico. A animadora iraniana Maryam Mcharmi participa cunha obra centrada na tristeza e o desasosego dun home de ferro que está cansado da vida e decidiu suicidarse, elaborada nun interesante 2D tradicional: Earth is a circle. O estudo Pigmalion presenta Waiting in the woods, unha obra dirixida por Alexandre Bueno e Jessica G. Serna sobre a espera dun home nun bosque e a estraña maldición que cae sobre el. Un peculiar drama desenvolvido en stop-motion.
A produtora belga Zorozabel presenta unha dirección de Noémie Marsily & Carl Roosens titulada Poodle (Caniche), unha comedia en 2D tradicional que conta a historia da revista dunha muller que é levada polo vento.Os consellos de beleza caen aos pés dun can. O can leva a revista á súa casa: un novo corpo e un corazón novo para o cachorro. A cita a destacar é a seguinte: "O amor é un can de las que busca a oportunidade de alcanzar o infinito." de Louis-Ferdinand Céline. Finalmente, o artista chileno Braulio Raimilla Pavié de Produciones Arquetípicas presenta Dagon, unha adaptación literaria que narra a historia dun pescador que recorre ao alcol para fuxir das visións que tivo logo de sobrevivir a un naufraxio, e teme a cada segundo que regresen a por el aquelas visións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario