Carlos Frahia cóntanos a historia sobre un home nunha galería de arte, sobre unha mosca pintada que semella que está a xogar coa súa mente, e sobre unha enfadada cámara de seguridade que non deixará de amolar ao home ata que éste decida poñerlle remedio. En
animacam podedes ver como se resolve esta historia realizada en
2D por ordenador.
Este autor brasileiro, ven de estudar un posgrao de
Animación de Personaxes na Central Saint Martins College of Art and Design da Universidade de Artes de Londres e coas animacións que podemos ver no seu
blogue prométenos un futuro de moita calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario