
Desde o Reino Unido, chéganos unha preciosa e conmovedora historia: Adrift. Dirixida por Ben Casey, Matt Smart e Ben Clube, trátase dun logradísimo 3D creado dende a Universidade de Hertfordshire, unha historia fantasiosa sobre unha nena que vive sobre unha balea voadora. O arxentino Nicolás Alcetegaray, especializado en stop-motion e deseño gráfico, mostra en Animacam o seu anuncio publicitario para Brit London Dry Gin, unha xenebra británica cada vez máis coñecida. O Gênio do Juska é unha simpática animación en flash, presentada por Francisco Juska Filho, onde o xenio da lámpada ten o seu segredo escondido dentro dunha botella.
Sin tetas no hay nadie en mi piso continúa estreando diariamente novos capítulos da serie máis cachonda e desenfadada. Nesta ocasión, ao Pedrolo xórdelle un problema cos seus ligues nocturnos debido á indisposición e falta de ganas que teñen as mozas de estar con el. Finalmente, desde Moldavia, o estudo Simpals móstranos, un ano máis, unha divertidísima animación coa morte como protagonista. Xa que todos temos os nosos agasallos de Nadal, ela non ía ser menos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario