17 de agosto de 2010

Me, The King & My Daddy

A novísima animadora Azadeh Moezzi, móstranos unha tenra historia sobre o amor paternal que un fillo sente polo seu pai, o rei. Pode o amor dun fillo cambiar o destino do trono? A artista pretende responder a esta pregunta con esta obra.

"Me, The King & My Daddy" é unha curtametraxe (13 ': 40") de cut-out de debuxos animados, ilustrada, dirixida e co-producida (en colaboración con DEFC) por Azadeh Moezzi, unha animadora iraniana de moitísimo talento. O compositor da banda sonora é Mehrdad Nabaie, un artista experimentado neste terreo. Azadeh traballou como animadora profesional, ilustradora e pintora de varias obras. Esta é a súa primeira película como directora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario