10 de agosto de 2010

Don Caracol e Bicho Bolita

Unha doce e emotiva historia nos chega dende Arxentina da man de Tercer Ojo Group. Dirigida por Victor Blasco, os protagonistas desta historia son Don Caracol e Bicho Bolita, trátase do primeiro capítulo para unha serie de animación destinada ao público infantil.

Tercer Ojo Group é unha produtora arxentina especializada na creación de contidos audiovisuais para publicidade e televisión, tales como series de animación, comerciais, promos e microsites. Abarcando dende a fase de desenvolvemento e creación da idea, ata a produción final da obra audiovisual, conta con numerosos traballos de animación presentes en multitude de festivais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario