![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEihAOzC9bixtrgJNxbnGtsBu_L3L-vFKTOBbtoFIGnPB1sr64kIyTWr_8QVPh5yZK6im2PIQ_RW9FwXYURXqZV7djmAuLlxYBa_38pxePZ5SG2Ygp_g7joMUAlCKJ8zzkR-IgpjAWPmDfo/s320/alwaysbeside.jpg)
Tras participar con outra obra de animación en Animacam baixo o título de The lost glove, a xovencísima animadora lituana, presenta este novo traballo en 2D que nos transmite tenrura e nostalxia cara aos seres queridos que xa non están entre nós.
Justina Švambarytė naceu en Vilnius -Lituania- o 30 de setembro de 1987. Desde ese día, Justina quería ser unha artista. Despois de 22 anos, terminou en Vilnius na Escola Superior de Deseño e Construción e converteuse oficialmente nunha deseñadora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario