23 de agosto de 2010

Nova semana de estreas en Animacam!

Arrancamos de novo esta semana de agosto para presentar cinco novas películas de animación a Competición Oficial nesta III edición do Festival que anima o verán, o outono, o inverno e a primavera camiñando pola rede. Chégannos obras de todas partes do mundo: Arxentina, España, Turquía e Canadá. Series de animación de humor para adultos e para os máis pequenos, publicidade inventada e creativa, stop-motion en salas de cine e loitas prehistóricas contra monstros inimaxinables.

Tercer Ojo Group, dende Arxentina, volve participar en Animacam con outra aposta de serie animada en 3D para os máis mociños: O Zen Animado. Narrando historias, contos e lendas sobre o budismo, tratando de transmitir paz, tranquilidade e harmonía. O canadense Scott Portingale, móstranos un logradísimo stop-motion que ilustra o percorrido artístico dunha cámara e o caprichoso descubrimento persoal do seu verdadeiro potencial. Tayyar Ozkan realiza unha animación 2D tradicional para evocar os tempos máis remotos en Caveman: como era a vida na prehistoria, como se cazaba e loitaba contra os monstros, como se facía lume...

O animador español Jaume Rofes preséntanos unha colección de anuncios propios da teletienda baixo o título O rincón do suicida. Este primeiro kit de suicido nos presenta ás Alimañas de Teutonia, uns animais capaces de causarte a morte a través da súa forte e intensa voracidade. De seguido, iremos estreando máis entregas desta serie de anuncios publicitarios. Finalmente, estreamos unha nova Teta da serie Sin tetas no hay nadie en mi piso. Creada recentemente, esta Teta fala do Negocio de verán que se lle ocorreu a Pedrolo... algo totalmente ilóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario