20 de agosto de 2010

Almas Santas, almas pacientes

Como todos os anos, Durmida conmemora a morte do seu pai levándolle un ramo de flores á tumba. Nesta ocasión unha serie de sucesos inesperados afectan este ritual e fana enfrontarse ás súas emocións máis profundas, realiza entón o seu verdadeiro duelo.

A animadora colombiana Cecilia Traslaviña, profesora de animación na facultade de Artes da Universidad Javeiana, participa en Animacam con Almas Santas, Almas Pacientes, unha reflexión sobre o drama familiar que permanece nas persoas logo da perda dos seus seres máis queridos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario