Damos a benvida a este fin de semana de verán, amosando cinco novas obras de animación en Animacam, procedentes de Arxentina, Lituania, España e Alemaña. Anteriores participantes, autores que mostran a súa ópera prima, estudios experimentados únense para crear unha carteleira de cine con entrada gratuita!
Justina Svambaryte, unha xovencísima animadora lituana que xa presentou nesta edición de Animacam a súa obra The lost glove, presenta Always beside, unha entrañable historia baseada na morriña e nostalxia polos seres queridos que xa non están. David Scharf, un experimentado animador en 2D e 3D, amosa dende Alemania, a súa obra The forest, onde unha nena fantasiosa chamada Antonia, soña con paisaxes máxicas, lonxe da realidade que vive día a día. Novamente, Galder Arriaga entreténnos con Iraultza: un curioso e simpático stop-motion, logo de presentar ao Festival a obra Musu bat, desta vez, os xoguetes alíanse e revoluciónanse diante do seu dono.
O estudio catalán Chips & Films presenta, logo de mostrar as súas personaxes protagonistas da serie, e arrancar cos primeiros capítulos, a súa Terceira Teta baixo o título de Nasal, onde Pedrolo quere saber máis acerca desa empresa que lle chama NASA. Finalmente, unha doce e emotiva historia nos chega dende Arxentina da man do Tercer Ojo Group. Dirigida por Victor Blasco, os protagonistas desta historia son Don Caracol e Bicho Bolita, trátase do primeiro capítulo para unha serie de animación destinada ao público infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario