Novamente, unha semana máis en Animacam, presentamos cinco novas obras de animación que aumentan e contribúen a cumprir o noso soño de "caminar xuntos para animar o mundo", establecendo a través da rede, un vínculo internacional que fomenta a diversidade cultural. Nesta ocasión, autores anteriormente participantes en Animacam - nesta ou noutras edicións- con novos talentos e autores noveis que presentan interesantes propostas conceptuais e artísticas. Dende Azerbaiján, España, Colombia, Bulgaria e Polonia; volven animacións en 3D, 2D, experimental e flash.
O animador polaco Carlos Villareal Kwasek, estudante da Vancouver Film School de Canadá, e con orixes españois, amósanos unha obra de 2006 realizada nun exquisito 3D que nos narra a loita interna dun escalador consigo mesmo en Climber. O estudio Chips&Films, tras presentarnos a dúas das súas personaxes, nos presenta a un hacker informático que a última hora comezou a súa carreira no mundo da interpretación: el é Tecla, a nova personaxe de Sin tetas no hay nadie en mi piso.
Desde Colombia, Harold Jiménez presenta unha animación 3D baixo o título de Siete Pétalos -Versión preliminar-, onde narra a historia de Tilo, un rapaz namorado da vida e de Vahia, a muller dos seus soños. Mágoa que nestes momentos o seu amor non sexa posíbel. Borislava Zahova presenta unha nova obra a esta edición de Animacam. Tras participar con outros dous filmes experimentais - Open e Meaning- a autora búlgara mostra 2 Act I: na pescuda da creación dun novo universo multimedia que mistura os sons cos efectos visuais. Finalmente, Rahim Baghal Asghari presenta o seu terceiro anuncio par a a campaña de aforro de enerxía Electricity Saving.
No hay comentarios:
Publicar un comentario