Continuamos celebrando esta Segunda Semana Especial en Animacam de Mulleres Animando con cinco novas estreas de animación realizadas por mulleres animadoras de diferentes partes do mundo. Animación tradicional realizada sobre acetato, animación 3D, flash e stop-motion mistúranse nestas cinco novas películas no Festival para conmemorar a labor cada vez máis importante da muller no mundo da animación:nin máis nin menos que dez obras de animación.
As animadoras estonias Mari-Liss Bassovskaja & Jelena Girlin, baixo a producción do prestixioso estudio Nuku Film, comparten connosco unha obra que representa unha sátira da actual sociedade de consumo e cales son as repercusións que pode causar cara un ciudadano moi particular, namorado dunha telenovela sobre unha heroína en Oranus. A animadora taiwanesa Meower Wu amósanos un clip multimedia creado para representar o día a día dun actor que recibe a prensa, e resposta as clásicas preguntas sobre o seu afán polo diñeiro e a fama. Ao mesmo tempo, a animadora valencia Ángela Barreiro presenta un videoclip na categoría Multimedia: My own gravity, unha canción do grupo Metropol que fala da pescuda do propio espazo de cada un.
María Lorenzo Hernández, tras ser protagonista nun artigo sobre o seu particular xeito de levar a cabo a animación máis tradicional, presenta unha animación de referencia: Retrato de D. A través da súa obra, realiza unha clara mención e ofrenda á súa inspiración, o animador suízo, Georges Schwizgebel, que pinta con acrílico, gouache e outros pigmentos sobre milleiros de acetatos- un proceso herdado da animación clásica. Finalmente, a animadora colombiana Cecilia Traslaviña, profesora de animación na facultade de Artes da Universidad Javeiana, participa en Animacam con Almas Santas, Almas Pacientes, unha reflexión sobre o drama familiar que permanece nas persoas logo da perda dos seus seres máis queridos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario