Un policía que conta a unha psiquiátra,como é a vida dun clicks de plástico ríxido.
Manuel Sirgo, animador profesional do estudio 12 Pingüinos, preséntanos unha comedia en 3D protagonizada por uns xoguetes coñecedísimos por todos: os Playmobil. Nesta aventura, un policía comparte coa súa psiquiátra todas as súas preocupacións coma gardián da lei e a orde e tamén as complicacións que lle supón contar cun corpo tan ríxido e tan pouco flexible. O estudio madrileño, gañador do Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2002 pola obra Pollo, concursa nesta Terceira Edición de Animacam na categoría Curtametraxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario