Despedimos esta segunda semana de Agosto con cinco novos filmes animados para todos os públicos. As obras de animación chégannos dende Chile, España, Marrocos e Alemaña, con animadores experimentados en 3D, directores noveis especializados en 2D, series animadas en flash e apostas experimentais con amplo bagaxe en postproducción dixital. Ademais, coñeceremos heroes de todo tipo: dos máis extravagantes e cachondos, aos máis fornidos e guerrellieros. Todo na Casa da Animación, Animacam.tv.
O estudio chileno de animación Motor Producciones, baixo a dirección de Luis Beytia e a producción de Martín Ferrer, amósanos Bennu: unha historia en 3D que nos presenta un mundo máxico a través da viaxe dunha polilla que trata de se buscar a sí mesma. Jorge Vallejo, participante en anteriores edicións de Animacam coa súa obra ¿Cómo está el mundo, Fermín?, presenta un vídeo multimedia no que se dá a coñecer a un novo heroe: Sepiaman. Extravangante, fachendoso, sex-symbol... pero moi, moi peculiar...
Hicham Bouzahzah é un animador marroquí apaixoado polo 2D que repite participación en Animacam, logo de presentar na II Edición do Festival o seu vídeo multimedia Bouza Dance. Nesta ocasión, comparte connosco un trailer dunha serie animada de superheroes: The Road to Glory. Outro participante de Animacam, tras compartir connosco a súa obra Energie! (presente no Short Film Corner de Cannes), amósanos unha obra cunha post-producción dixital asombrosa na que amosa máis de 180 rañaceos de bancos americanos baixo o título de K.I.L.L.. Finalmente, pechando carteleira, un novo capítulo de Sin tetas no hay nadie en mi piso, de la productora Chips and Films. Nesta ocasión, Pedrolo está enfadado pola situación á que se chegou finalmente, logo da crise económica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario