31 de agosto de 2010
In the Name of Art
"In the Name of Art" é unha curtametraxe sobre siluetas e un mundo de artistas. A narración conta a creación de dous artistas da súa obra final para un concurso. Contada como unha oscilación entre dous mundos, descubrimos que o que se necesita para gañar un premio de arte, a miúdo involucra o engano.
O emerxente talento Mardo O-Noor; gañador do primeiro Premio Idealog de Investigación de Posgrao en Deseño Gráfico, preséntanos unha obra con certas tinguiduras autobiográficos, que reflicte a vida do artista na súa loita por alcanzar ou manter o prestixio.
30 de agosto de 2010
Masks
Máis estrenos en Animacam: Festival Internacional de Animación.
27 de agosto de 2010
Novas estreas en Animacam todo o fin de semana
Este fin de semana podemos gozar en Animacan de novas estreas que nos chegan dende todas partes do planeta. As animacións chégannos dende Exipto, Romanía, Arxentina e España.
Dende Arxentina Pablo Urtado ofrécenos unha exploración do individualismo que caracteríza á persoa en modelo autobiográfico, no que se aprecian reminiscencias de Nietzsche, Dumolier, Braudrillard e Tarkovsky. Antón Octavian dende Romanía, ofrécenos a visión futurista dun neno que vive nunha illa flotante. Mentres que de Exipto chéganos The people of the river unha película 3D, cunha duración de 9 minutos, realizada por nenos entre 6 e 10 anos, na que se narra a historia sobre unha das cidades máis antigas de Exipto, Nubia. Por parte española, continuamos coa serie de Chip and Films “Sen tetas non hai ninguén no meu piso”; e as series animadas de Jaume Rofes.
HOMELAND
25 de agosto de 2010
"Camuflaje"- Fragmento da primeira longametraxe de animación 3D cubana
Nova estrea en Animacam -Festival interancional de Animación
24 de agosto de 2010
"Midnight Matinee"
O canadense Scott Portingale móstranos por medio desta representativa obra, un logradísimo Stop-motion, cunha clara evocación cinematográfica en forma metafórica.
23 de agosto de 2010
Nova semana de estreas en Animacam!
Tercer Ojo Group, dende Arxentina, volve participar en Animacam con outra aposta de serie animada en 3D para os máis mociños: O Zen Animado. Narrando historias, contos e lendas sobre o budismo, tratando de transmitir paz, tranquilidade e harmonía. O canadense Scott Portingale, móstranos un logradísimo stop-motion que ilustra o percorrido artístico dunha cámara e o caprichoso descubrimento persoal do seu verdadeiro potencial. Tayyar Ozkan realiza unha animación 2D tradicional para evocar os tempos máis remotos en Caveman: como era a vida na prehistoria, como se cazaba e loitaba contra os monstros, como se facía lume...
O animador español Jaume Rofes preséntanos unha colección de anuncios propios da teletienda baixo o título O rincón do suicida. Este primeiro kit de suicido nos presenta ás Alimañas de Teutonia, uns animais capaces de causarte a morte a través da súa forte e intensa voracidade. De seguido, iremos estreando máis entregas desta serie de anuncios publicitarios. Finalmente, estreamos unha nova Teta da serie Sin tetas no hay nadie en mi piso. Creada recentemente, esta Teta fala do Negocio de verán que se lle ocorreu a Pedrolo... algo totalmente ilóxico.
20 de agosto de 2010
Almas Santas, almas pacientes
A animadora colombiana Cecilia Traslaviña, profesora de animación na facultade de Artes da Universidad Javeiana, participa en Animacam con Almas Santas, Almas Pacientes, unha reflexión sobre o drama familiar que permanece nas persoas logo da perda dos seus seres máis queridos.
A miña propia gravidade
A animadora valencia Ángela Barreiro presenta un videoclip na categoría Multimedia: My own gravity, unha canción do grupo Metropol que fala da pescuda do propio espazo de cada un.
19 de agosto de 2010
Retrato de D.
María Lorenzo Hernández, tras ser protagonista nun artigo sobre o seu particular xeito de levar a cabo a animación máis tradicional, presenta unha animación de referencia: Retrato de D. A través da súa obra, realiza unha clara mención e ofrenda á súa inspiración, o animador suízo, Georges Schwizgebel, que pinta con acrílico, gouache e outros pigmentos sobre milleiros de acetatos- un proceso herdado da animación clásica.
18 de agosto de 2010
Oranus por Mari-Liss Bassovskaja e Jelena Girlin
As animadoras estonias Mari-Liss Bassovskaja & Jelena Girlin, baixo a producción do prestixioso estudio Nuku Film, comparten connosco unha obra que representa unha sátira da actual sociedade de consumo e cales son as repercusións que pode causar cara un ciudadano moi particular, namorado dunha telenovela sobre unha heroína en Oranus.
Novas estreas na II Semana Especial de Mulleres Animando
As animadoras estonias Mari-Liss Bassovskaja & Jelena Girlin, baixo a producción do prestixioso estudio Nuku Film, comparten connosco unha obra que representa unha sátira da actual sociedade de consumo e cales son as repercusións que pode causar cara un ciudadano moi particular, namorado dunha telenovela sobre unha heroína en Oranus. A animadora taiwanesa Meower Wu amósanos un clip multimedia creado para representar o día a día dun actor que recibe a prensa, e resposta as clásicas preguntas sobre o seu afán polo diñeiro e a fama. Ao mesmo tempo, a animadora valencia Ángela Barreiro presenta un videoclip na categoría Multimedia: My own gravity, unha canción do grupo Metropol que fala da pescuda do propio espazo de cada un.
María Lorenzo Hernández, tras ser protagonista nun artigo sobre o seu particular xeito de levar a cabo a animación máis tradicional, presenta unha animación de referencia: Retrato de D. A través da súa obra, realiza unha clara mención e ofrenda á súa inspiración, o animador suízo, Georges Schwizgebel, que pinta con acrílico, gouache e outros pigmentos sobre milleiros de acetatos- un proceso herdado da animación clásica. Finalmente, a animadora colombiana Cecilia Traslaviña, profesora de animación na facultade de Artes da Universidad Javeiana, participa en Animacam con Almas Santas, Almas Pacientes, unha reflexión sobre o drama familiar que permanece nas persoas logo da perda dos seus seres máis queridos.
A balada do Ministro de Guerra Theodor Earl Baillet de Latour
A animadora austríaca Pascale Osterwalder, narra dun modo versado e rítmico os acontecementos transcorridos en Viena en 1848, cando o ministro de guerra Conde de Latour, convirte a represión do goberno nunha revolta en plena revolución húngara.
17 de agosto de 2010
Pon fin á violencia! Gun de Caroline Attia
Caroline Attia narra a curta vida dunha pequena nena que se topa cunha pistola cargada no dormitorio dos seus pais. Unha curtametraxe que pretende amosar o perigo das armas nos fogares particulares, que poden acarrear nefastas consecuencias.
Máis información sobre esta animadora en Mulleres Animando
Me, The King & My Daddy
"Me, The King & My Daddy" é unha curtametraxe (13 ': 40") de cut-out de debuxos animados, ilustrada, dirixida e co-producida (en colaboración con DEFC) por Azadeh Moezzi, unha animadora iraniana de moitísimo talento. O compositor da banda sonora é Mehrdad Nabaie, un artista experimentado neste terreo. Azadeh traballou como animadora profesional, ilustradora e pintora de varias obras. Esta é a súa primeira película como directora.
16 de agosto de 2010
O silencio das cortezas por Joanna Lurie
Joanna Lurie, quien participa con su obra Le silence sous l´ecorce, una fábula que emplea la mezcla entre el 2D y el 3D.
Joanna Lurie estudió cine de animación y la animación 3D en las escuelas de arte en Angoulme. Pero ella había trabajado en publicidad y se centró también en la fotografía, la escenografía y la fabricación de títeres. En la actualidad trabaja como animadora y ha contribuido a la realización de varias series animadas y películas. Es autora de varios cortometrajes, como Demasiado cerca del Sol (Trop du sol, 2004) o Bajo la piedra (2004) .
II Semana Especial: Mulleres Animando en Animacam
Duas animadoras francesas presentan en Animacam dous filmes de moi boa calidade. É o caso de Joanna Lurie, a cal participa coa súa obra Le silence sous l´ecorce, unha fábula que emprega a mistura entre o 2D e o 3D, na que os animaliños teñen que averiguar e loitar contra os perigos que lles acechan no seu entorno. Caroline Attia narra a curta vida dunha pequena nena que se topa cunha pistola cargada no dormitorio dos seus pais. Unha curtametraxe que pretende amosar o perigo das armas nos fogares particulares, que poden acarrear nefastas consecuencias.
A venezolana Julie Hermoso, participante nas dúas anteriores ediciones en Animacam, combina de novo a beleza visual xunto coa lírica, nesta ocasión, unindo ambas disciplinas para crear Un Poema Mudo. A xovencísima animadora Azadeh Moezzi, amósanos unha tenra historia entre o amor paternal que un fillo sinte polo seu pai, o rei. Pode o amor dun fillo cambiar o destino do trono? A artista pretende respostar a esta pregunta con esta obra. Por último, a animadora austríaca Pascale Osterwalder, narra dun modo versado e rítmico os acontecementos transcorridos en Viena en 1848, cando o ministro de guerra Conde de Latour, convirte a represión do goberno nunha revolta en plena revolución húngara.
15 de agosto de 2010
K.I.L.L.
14 de agosto de 2010
O extravagante "Sepia Man"
13 de agosto de 2010
Bennu: a viaxe máxica dunha polilla
O estudio chileno de animación Motor Producciones, baixo a dirección de Luis Beytia e a producción de Martín Ferrer, amósanos Bennu: unha historia en 3D que nos presenta un mundo máxico a través da viaxe dunha polilla que trata de se buscar a sí mesma.
Novas obras cargadas de beleza visual e toques de humor
O estudio chileno de animación Motor Producciones, baixo a dirección de Luis Beytia e a producción de Martín Ferrer, amósanos Bennu: unha historia en 3D que nos presenta un mundo máxico a través da viaxe dunha polilla que trata de se buscar a sí mesma. Jorge Vallejo, participante en anteriores edicións de Animacam coa súa obra ¿Cómo está el mundo, Fermín?, presenta un vídeo multimedia no que se dá a coñecer a un novo heroe: Sepiaman. Extravangante, fachendoso, sex-symbol... pero moi, moi peculiar...
Hicham Bouzahzah é un animador marroquí apaixoado polo 2D que repite participación en Animacam, logo de presentar na II Edición do Festival o seu vídeo multimedia Bouza Dance. Nesta ocasión, comparte connosco un trailer dunha serie animada de superheroes: The Road to Glory. Outro participante de Animacam, tras compartir connosco a súa obra Energie! (presente no Short Film Corner de Cannes), amósanos unha obra cunha post-producción dixital asombrosa na que amosa máis de 180 rañaceos de bancos americanos baixo o título de K.I.L.L.. Finalmente, pechando carteleira, un novo capítulo de Sin tetas no hay nadie en mi piso, de la productora Chips and Films. Nesta ocasión, Pedrolo está enfadado pola situación á que se chegou finalmente, logo da crise económica.
12 de agosto de 2010
Santa Claus e A Morte
Desde Moldavia, o estudo Simpals móstranos, un ano máis, unha divertidísima animación coa morte como protagonista. Xa que todos temos os nosos agasallos de Nadal, ela non ía ser menos.
11 de agosto de 2010
Adrift
Ben Clube, un deseñador e animador, acaba de graduarse en Animación da Universidade de Hertfordshire. "Gústame moito o deseño, composición e animación de personaxes 3D. Sigo sendo un artista clásico - Gústame debuxar a lapis, pintura ao óleo e a fotografía. É o que me mantén en pé como artista. "
Novo mércores de estrea en Animacam
Desde o Reino Unido, chéganos unha preciosa e conmovedora historia: Adrift. Dirixida por Ben Casey, Matt Smart e Ben Clube, trátase dun logradísimo 3D creado dende a Universidade de Hertfordshire, unha historia fantasiosa sobre unha nena que vive sobre unha balea voadora. O arxentino Nicolás Alcetegaray, especializado en stop-motion e deseño gráfico, mostra en Animacam o seu anuncio publicitario para Brit London Dry Gin, unha xenebra británica cada vez máis coñecida. O Gênio do Juska é unha simpática animación en flash, presentada por Francisco Juska Filho, onde o xenio da lámpada ten o seu segredo escondido dentro dunha botella.
Sin tetas no hay nadie en mi piso continúa estreando diariamente novos capítulos da serie máis cachonda e desenfadada. Nesta ocasión, ao Pedrolo xórdelle un problema cos seus ligues nocturnos debido á indisposición e falta de ganas que teñen as mozas de estar con el. Finalmente, desde Moldavia, o estudo Simpals móstranos, un ano máis, unha divertidísima animación coa morte como protagonista. Xa que todos temos os nosos agasallos de Nadal, ela non ía ser menos.
10 de agosto de 2010
Always beside de Justina Svambaryte
Tras participar con outra obra de animación en Animacam baixo o título de The lost glove, a xovencísima animadora lituana, presenta este novo traballo en 2D que nos transmite tenrura e nostalxia cara aos seres queridos que xa non están entre nós.
Justina Švambarytė naceu en Vilnius -Lituania- o 30 de setembro de 1987. Desde ese día, Justina quería ser unha artista. Despois de 22 anos, terminou en Vilnius na Escola Superior de Deseño e Construción e converteuse oficialmente nunha deseñadora.
Don Caracol e Bicho Bolita
Tercer Ojo Group é unha produtora arxentina especializada na creación de contidos audiovisuais para publicidade e televisión, tales como series de animación, comerciais, promos e microsites. Abarcando dende a fase de desenvolvemento e creación da idea, ata a produción final da obra audiovisual, conta con numerosos traballos de animación presentes en multitude de festivais.
9 de agosto de 2010
Iraultza
Galder Arriaga, director e animador vasco, amósanos unha nova obra en stop-motion en Animacam. Tras Musu Bat (un bico- en vasco-), onde dous namorados facían un longo percorrido para se poder bicar, Mailiku Films presenta Iraultza, onde os xoguetes alíanse todos xuntos para loitar e prantárlle cara ao seu dono.
The forest
David Scharf, un experimentado animador en 2D e 3D, amosa dende Alemania, a súa obra The forest, onde unha nena fantasiosa chamada Antonia, soña con paisaxes máxicas, lonxe da realidade que vive día a día.
6 de agosto de 2010
Venres de estrea en Animacam
Justina Svambaryte, unha xovencísima animadora lituana que xa presentou nesta edición de Animacam a súa obra The lost glove, presenta Always beside, unha entrañable historia baseada na morriña e nostalxia polos seres queridos que xa non están. David Scharf, un experimentado animador en 2D e 3D, amosa dende Alemania, a súa obra The forest, onde unha nena fantasiosa chamada Antonia, soña con paisaxes máxicas, lonxe da realidade que vive día a día. Novamente, Galder Arriaga entreténnos con Iraultza: un curioso e simpático stop-motion, logo de presentar ao Festival a obra Musu bat, desta vez, os xoguetes alíanse e revoluciónanse diante do seu dono.
O estudio catalán Chips & Films presenta, logo de mostrar as súas personaxes protagonistas da serie, e arrancar cos primeiros capítulos, a súa Terceira Teta baixo o título de Nasal, onde Pedrolo quere saber máis acerca desa empresa que lle chama NASA. Finalmente, unha doce e emotiva historia nos chega dende Arxentina da man do Tercer Ojo Group. Dirigida por Victor Blasco, os protagonistas desta historia son Don Caracol e Bicho Bolita, trátase do primeiro capítulo para unha serie de animación destinada ao público infantil.
O acto de Borislava Zahova
Borislava Zahova presenta unha nova obra a esta edición de Animacam. Tras participar con outros dous filmes experimentais - Open e Meaning- a autora búlgara mostra 2 Act I: na pescuda da creación dun novo universo multimedia que mistura os sons cos efectos visuais.
5 de agosto de 2010
Sin tetas no hay nadie en mi piso comeza co seu primeiro problema
Arranca en Animacam a estrea dos capítulos da serie online creada por Chips and Films Sin tetas no hay nadie en mi piso. Lanzada á rede o pasado 5 de febreiro, estas animacións son producidas por Alberto Busquets, coa música de Carlos Galdeano e as voces de Neus López, Javi Martín e o propio produtor da serie. Nos vindeiros días iremos estreando os capítulos desta divertida e chocante obra.
Siete pétalos: quéreme, non me quere...
Desde Colombia, Harold Jiménez presenta unha animación 3D baixo o título de Siete Pétalos -Versión preliminar-, onde narra a historia de Tilo, un rapaz namorado da vida e de Vahia, a muller dos seus soños.
4 de agosto de 2010
O escalador vs. o seu eu interno
O animador polaco Carlos Villareal Kwasek, estudante da Vancouver Film School de Canadá, e con orixes españois, amósanos unha obra de 2006 realizada nun exquisito 3D que nos narra a loita interna dun escalador consigo mesmo en Climber.
Día do espectador en Animacam: Cinco novas obras de animación
O animador polaco Carlos Villareal Kwasek, estudante da Vancouver Film School de Canadá, e con orixes españois, amósanos unha obra de 2006 realizada nun exquisito 3D que nos narra a loita interna dun escalador consigo mesmo en Climber. O estudio Chips&Films, tras presentarnos a dúas das súas personaxes, nos presenta a un hacker informático que a última hora comezou a súa carreira no mundo da interpretación: el é Tecla, a nova personaxe de Sin tetas no hay nadie en mi piso.
Desde Colombia, Harold Jiménez presenta unha animación 3D baixo o título de Siete Pétalos -Versión preliminar-, onde narra a historia de Tilo, un rapaz namorado da vida e de Vahia, a muller dos seus soños. Mágoa que nestes momentos o seu amor non sexa posíbel. Borislava Zahova presenta unha nova obra a esta edición de Animacam. Tras participar con outros dous filmes experimentais - Open e Meaning- a autora búlgara mostra 2 Act I: na pescuda da creación dun novo universo multimedia que mistura os sons cos efectos visuais. Finalmente, Rahim Baghal Asghari presenta o seu terceiro anuncio par a a campaña de aforro de enerxía Electricity Saving.
3 de agosto de 2010
Tatián e a súa casa da árbore
O pai de Tatián, un día, nunha fermosa pradaría, ensínalle ao seu fillo a sementar unha árbore. Tatián anhela que cando a árbore creza poidan construír alí na copa unha casa de xogos. O pai morre e co paso do tempo Tatián dáse conta que o seu pai se meteu dentro da árbore para protexelo.
2 de agosto de 2010
Os clicks de Playmobil
Manuel Sirgo, animador profesional do estudio 12 Pingüinos, preséntanos unha comedia en 3D protagonizada por uns xoguetes coñecedísimos por todos: os Playmobil. Nesta aventura, un policía comparte coa súa psiquiátra todas as súas preocupacións coma gardián da lei e a orde e tamén as complicacións que lle supón contar cun corpo tan ríxido e tan pouco flexible. O estudio madrileño, gañador do Goya á Mellor Curtametraxe de Animación en 2002 pola obra Pollo, concursa nesta Terceira Edición de Animacam na categoría Curtametraxe.
1 de agosto de 2010
Sin tetas no hay nadie en mi piso
O estudio catalán Chips & Films preséntanos unha nova serie de animación baseada (unicamente no título) nunha famosa serie de ficción. Sin tetas no hay nadie en mi piso, preséntanos a curiosas personaxes con diferentes personalidades convivindo nun piso e compartindo curiosas experiencias e anédotas. Dirixida por Alberto Busquets, nesta ocasión vemos a Pedrolo, unha das personaxes, presentándose a si mesmo... Veremos máis animacións destas simpáticas personaxes.