por ter medrado, un ano máis, convosco,
por ter compartillado, a vosa vida animada, con nosco,
por ter camiñado xuntos, para animar o mundo,
…
Por todo elo, e por moito máis
FELICES ANIMADAS FESTAS
E VENTUREIRO ANINOVO!
![]() |
| Foto:EFE Artigo: Emol.cultura |
O pasado sábado 30 de outubro, o programa "Somos Quen" da Radio Galega logrou reunir aos gañadores da III Edición de Animacam; quenes, xunto ao director do festival Xosé Luís Carneiro, compartiron un agradable "ratiño" nas ondas. Na entrevista compartiron a súa paixón polo mundo da animación; achegándose ós seus momentos iniciais de desenvolvemento desta arte.
1.- Tatián, la casa del árbol. Josué Jaramillo (Colombia)
1.- Le petit chaperon rouge. Inma Carpe (España)
Esta semana, Ourense celebra o XV Festival de Cine Internacional: OUFF, festival amigo de Animacam. Tras a gala de inauguración o pasado sábado coa película 18 comidas, producida por Tic Tac Produciones e dirixida por Jorge Coira, esta semana proxéctanse en once pantallas da cidade auriense, as películas seleccionadas nesta décimoquinta edición. O Comité de Organización do Festival seleccionou catro obras de animación que tamén están presentes neste III Festival Internacional de Animación Online: Lebensader de Angela Steffen, Fard de David Alapont e Luís Briceno, Frère Benoît et lles Grandes Orgues de Michel Dufourd e Nocta de Iván Díaz. Ademais, na Sección Made in Ourense, o OUFF presenta Nouturnio de Celanova do animador Raúl García.
1.- Tatián, la casa del árbol. Josué Jaramillo (Colombia)
1.- Suona Rosamunda. Enrique Diego Blanco (España)
1.- Defectuoso. Juan Sebastian Díaz Santaella (Colombia)
1.- Tatián, la casa del árbol. Josué Jaramillo (Colombia)
1.- Suona Rosamunda. Enrique Diego Blanco (España)
1.- Defectuoso. Juan Sebastian Díaz Santaella (Colombia)
Rematado o prazo de Recepción de Filmes, dende hoxe ata o 23 de outubro, Público de todo o mundo, mediante a emisión do voto Online, decidirá as 3 películas gañadoras. Os participantes optarán a tres premios de 2.000€ cada un, dentro das tres Categorías a Concurso (Curtametraxe, Multimedia e Retrospectiva), do único Festival Internacional de Animación Online, con sede en Ourense e patrocinado pola entidade XACOBEO S.A., a través do ciclo Xacobeo Filme.
Estimados amigos e seguidores de Animacam!
De novo, arrincamos outro día con máis estreas en Animacam, xa rozando o límite do prazo de recepción de obras, non nos deixa de sorprender a calidade e a cantidade de obras que nos chegan á Sección Oficial do Festival. Iso demostra a capacidade tanto creativa como técnica coa que contan os animadores, que, desde todas partes do mundo, contan con Animacam como o seu fogar de animación. Nesta ocasión, animadores experimentados, novos talentos e grandes produtores forman parte da carteleira de hoxe presentando traballos procedentes de Francia, España, Irán, Chile e Bélxica.
Tras semanas e semanas de Festival, un festival que dura durante todo o ano, e a falta de tres días para o final do prazo de recepción de obras a Competición Oficial, estamos a estrear cinco animacións para comezar a semana con enerxía. Nesta ocasión, mostramos películas chegadas desde España, Grecia, Bélxica e Finlandia, mesturando técnicas como a plastilina, o 2D e 3D.
Nesta recta final da fase de recepción de obras a Concurso, presentamos o último venres do trinque antes do inicio da votación do público, para dar benvida a un fin de semana que tamén estará cargado de estreas animadas. Este venres presentamos cinco, si, cinco animacións para todos os públicos, contando con obras realizadas en stop-motion, plastilina e 2D, incluíndo obras con mestura de técnicas, con argumentos e construcións experimentais. Hoxe, presentamos obras chegadas desde España, Grecia, Singapura e Noruega.
Continuamos estreando a ritmo frenético, cinco animacións diarias, mentres continúan chegando novas películas á Sección Oficial do Festival a falta de cinco días para finalizar o prazo de presentación de obras a competición en Animacam. Nesta ocasión, mestúranse historias doces e nostálxicas baseadas na vida cotiá, xunto con acontecementos reais históricos e por outra banda o humor bélico contra o medo ao paso do tempo e a morte. Variedade temática procedente de diferentes puntos do planeta como Irán, España, Croacia e Italia.
De novo, temos o pracer de renovar a carteleira de Animacam con cinco novas obras de animación de diferentes estilos, temáticas e técnicas. A falta de tan só seis días para fin do prazo de recepción de obras a concurso, e dada a inxente cantidade de proxectos animados que chegaron á Sección Oficial do Festival, informamos que cada día, estrearemos cinco novas películas animadas, e preparámonos o próximo día 23 do setembro, para comezar a fase de votación do Festival. Hoxe, as estreas proveñen de España, Estados Unidos, Israel e Arxentina.
Billy Collins, poeta laureado en EE.UU. e un dos poetas con máis ventas de Estados Unidos, le o seu poema "Now and Then". Creado para o Sundance Channel.
A tatuaxe xaponesa é unha moi fermosa e moi cultural tradición. Mediante o uso da tatuaxe xaponesa, represéntase a beleza da pel dun ser humano, "cor carne" na animación.
Aventura fantástica onde o tempo e a morte vixíanse.