Esta semana, Ourense celebra o XV Festival de Cine Internacional: OUFF, festival amigo de Animacam. Tras a gala de inauguración o pasado sábado coa película 18 comidas, producida por Tic Tac Produciones e dirixida por Jorge Coira, esta semana proxéctanse en once pantallas da cidade auriense, as películas seleccionadas nesta décimoquinta edición. O Comité de Organización do Festival seleccionou catro obras de animación que tamén están presentes neste III Festival Internacional de Animación Online: Lebensader de Angela Steffen, Fard de David Alapont e Luís Briceno, Frère Benoît et lles Grandes Orgues de Michel Dufourd e Nocta de Iván Díaz. Ademais, na Sección Made in Ourense, o OUFF presenta Nouturnio de Celanova do animador Raúl García.
A alemá Angela Steffen presenta a súa nova animación Lebensader, unha fermosa historia entre un pai e unha filla na que a nena lle explica o universo que ve a través dunha pequena folla dunha árbore. Dos directores Luis Briceno e David Alapont, e o produtor Jeremy Rochigneux, Fard é unha nova curta animada bendicida co sentido clásico do estilo. Coa súa paleta de cores suaves e liñas limpas, Fard logra evocar unha especie de clásico neo-futurismo.
O suízo Michel Dufourd presenta Frère Benoît et lles grandes orques, unha historia que se desenvolve nun mosteiro medieval o Irmán Benoît, un corpulento, simpático, pero torpe monxe acaba de recibir ordes dos seus superiores para limpar o inmenso órgano na igrexa. Acompañado por Françoise, o seu pito, trata facelo o mellor posible. A pesar das súas boas intencións, desencadéase unha catástrofe tras outra. Por último, Iván Díaz, destacado animador de Gata Estudo, tras participar na pasada edición de Animacam coa súa obra Cuervo- tamén seleccionada na pasada edición do OUFF- regresa presentando o seu novo filme: Nocta. Un traballo que mostra as consecuencias dunha noite de festa, alcol e substancias psicotrópicas.
Finalmente, Nouturnio de Celanova é unha animación 3D realizada polo ourensán Raúl García. Nomeada aos Premios Mestre Mateo como mellor curtametraxe de animación, está baseada no poema "Nouturnio" do escritor celanovés Manuel Curros Enríquez, o curto conta a historia dun vello condenado a abandonar o seu fogar para afrontar o "nouturnio" da súa vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario