É un pracer para a Organización do Festival, informarvos de que mañá, martes 26 de outubro de 2010, anunciaremos aos gañadores dos tres Premios do Público nas categorías Curtametraxe, Multimedia e Retrospectiva do Festival Internacional de Animación Online, Animacam 2010.
Estamos moi agradecidos e orgullosos de recibir tantas mostras de apoio e agarimo durante esta Edición e gustaríanos mostrar noso aprecio aos visitantes, participantes, votantes, internautas, seguidores e peregrinos que camiñaron ao noso lado durante esta Terceira Edición do Festival. A todos vós... Mil grazas!
En relación ás votacións desta Terceira Edición, é noso deber informar de que a pesar dos inconvenientes e contratempos que poidan xurdir no mesmo, contamos cun sistema de control que filtra os votos para asegurar que se trate dunha competición limpa e xusta.
Un forte abrazo
No hay comentarios:
Publicar un comentario