A dúas
semans desta V Edición, temos estreado unha dúcea de obras que supoñen unha
dúcea de sentimentos plurais e diversos, como nos gusta ver, cada ano, en
Animacam…
Un eslovaco
cantándolle ao seu mundo pintado "Divné Semená", un español-peruano
afincado en Mallorca, preocupado pola saúde do planeta "Bendito Machine",
unha galega afincada nas Illas Baleares, ríndose retrancuda da morte "Only you", un brasileiro teimado en facernos pensar, incluso na area duhna praia "Little Uncomfortable", outro galego arrulándose coa música entre as augas
irmáns do Atlántico Norte e o Alántico sur "Depressa a vida passa", un hispano
marroquí teimado en contarnos algo divertidamente universal en escasamente 25 segundos "New animation" , dous italianos xogando coas metáforas e os tópicos da arte e a
vida "Dream´s of Leonardo´s Da Vinci" and "Menu Degli Incontri Senna Coperto", un británico
elevando a sublime o acedo humor inglés -con Shakespeare incluido nas metáforas
do drama "All consuming Love - Man in a cat" , unha muller rusa que debuxa unha búsqueda a
través das luces dunha cidade "Night Lights", un norteamericano que nos
agasalla cunha delicatesen para nenos de 0 a 100 anos "The Fox made of Socks";
e, finalmente, unha poetisa arxentina que pecha o círculo da vida tal e como se
abre: ao parir "Ella".
É o máis fermoso
que pode pasarnos para animar o mundo: recibir as vosas historias e difundilas
para contalas a todos os mundos, diste plural mundo.
Estimados
seguidores, disfrutade do que hai a día de hoxe, e agardade, isto no fixo máis
ca empezar…