Tras unha semana de celebración por este ano Santo Xacobeo, esta última semana de Xullo desfrutamos de cinco novas estreas de todos os países do mundo, coma estamos acostumados a facer en Animacam. Este venres, realizamos unha nova entrega de estreas, renovando a carteleira con novas apostas de creadores noveles e realizadores e animadores de estudios experimentados.Animacións de Lituania, Colombia, España e Azerbaiján ocupan a portada desta nova semana en Animacam. coma sempre, animando a rede e aos internautas.
O estudio de animación madrileño 12 Pingüinos, gañador en 2002 ao Goya a Mellor Curtametraxe de Animación por Pollo, amósanos unha curiosa animación en 3D protagonizada por uns xoguetes tan populares coma os Play-mobil. Baixo o título de Clicks, vemos como un policía conta a súa estresante vida a unha psiquiátra. O estudio catalán Chips & Films preséntanos unha nova serie de animación baseada (unicamente no título) nunha famosa serie de ficción. Sin tetas no hay nadie en mi piso, preséntanos a curiosas personaxes con diferentes personalidades convivindo nun piso e compartindo curiosas experiencias e anédotas. Dirixida por Alberto Busquets, nesta ocasión vemos a Pedrolo, unha das personaxes, presentándose a si mesmo... Veremos máis animacións destas simpáticas personaxes.
Rahim Baghal Asghari, un experimentado animador iraniano, membro da ilustre sociedade de animadores de Azerbaiján, amósanos o segundo spot da súa campaña publicitaria Electricity Saving, co gallo do aforro de energía. Danas Berznitsky, animador israelí participante na pasada edición de Animacam con obras como Lalala e Hypnosis, nos presenta su obra The Missing Book, un proxecto final de Master que fala da historia de amor, liberdade, paixón, Maxia, Errante e a Felicidade, narraba na coroa real dos Sonetos de Qualligraphus de Yaffo, un humilde estudante de alquimia. Finalmente, dende Colombia, Josué Jaramillo presenta un fermoso stop-motion sobre Tatián e a súa casa na árbore, sementada xunto ao seu pai... A vida da árbore estará estreitamente ligada ao pai do protagonista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario