Nun futuro non moi lonxano, os seres humanos tan só serven de fonte de alimentación diaria para os Cannibalien. Esta horrible e terrorífica obra de Kaichi Sato, preséntanos unha nova aposta, unha historia diferente protagonizada por unhas personaxes curiosamente caracterizadas.
A encantadora e errante reporteira de alimentos May, foi secuestrada no medio da emisión por un grupo eco-terrorista coñecido como a HFL (Human Free Line- Liña Humana Libre). Con amargura fronte ao consumo de carne humana, informan a May de que se desatou un devastador virus na subministración de alimentos e esixiron que deben transmitir a súa mensaxe por televisión para advertir e previr á audiencia. A May realízanlle un pase de vídeo con horribles imaxes dos seres humanos condenados ao seu sacrificio e pronto se alista na causa.
Coa asistencia de May, o HFL mostra escenas dos seres humanos e os estragos da enfermidade que poden producir aos Cannibaliens en prime time, sumindo á sociedade Cannibalien nunha histeria de masas sen precedentes. Os consumidores de carne humana están aterrorizados, os traballadores están a cometer suicidios en masa, e a economía está a caer a pedazos. Mentres que a sociedade se desmorona, a carreira de May comeza a despegar e, ao mesmo tempo, o HFL intensifica os seus esforzos clandestinos para salvar aos humanos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario