Unha familia disfuncional hispana que vive en Florida e que manteñen aínda os seus costumes e supersticións pasa un día de tolos.
Boris Cornejo presenta de novo unha animación 3D desde Perú: Message. O autor peruano combina o clásico humor sudamericano, satirizando e parodiando as claras e evidentes diferenzas entre a cultura hispana e a norteamericana, onde os hábitos e costumes son perfectamente palpábeis. Boa resolución do 3D e excelente caracterización e animación dos personaxes. A historia xira entorno a unha mensaxe de teléfono segundo a cal o círculo da vida pecharase...
No hay comentarios:
Publicar un comentario