
A miña casa é un inferno é o primeiro capítulo da serie de animación "Historias do día a día". Narra a historia dunhas mulleres que sobreviviron á violencia de xénero e que agora viven nunha casa de acollida para mulleres vítimas de malos tratos.Unha vida nova despois dos infernos nos que se convertiran os seus propios fogares. Carolina, Iria, Lucia e Karen relatarannos as súas experiencias dende unha casa de acollida, un lugar cuxa ubicación non pode revelar nin aos seus amigos, nin á sua familia. Un remanso de paz despois dunha experiencia traumática como victima da violencia das suas parellas no seu propio fogar. Rafael Jurado , un xuiz do penal, achéganos a sua vision dun problema que crece alarmantemente, tanto no número de falecidas como no de persoas que o sofren. Ademais tratará de aportar algunha solución para mitigar o problema.

Homeless: sen teito é unha curtametraxe de animación pero cunha liña argumental similar a un documental de investigación. “Homeless. Sen teito” nace como unha alternativa para tratar de comprender un dos grandes problemas que mais afecta, preocupa e interesa á nosa sociedade. As imaxes impactantes xa non conseguen a súa finalidade, son tantas -demasiadas- e tan crúas -innecesariamente- que nos habituamos e permanecemos inmutables ante calquera tipo de atrocidade, saturámonos ou tal vez estamos insensibilizados ante o continuo fluxo de imaxes de gran dureza en informativos, reportaxes de investigación, documentais etc. Son demasiadas, si, pero non conseguen impactarnos, non conseguen chamar a nosa atención.
No hay comentarios:
Publicar un comentario