26 de septiembre de 2011

Mulleres animadoras de diversos países estrean as súas obras en Animacam IV edición


Esta semana comeza cunha mención especial e exclusiva para as mulleres animadoras que presentan as súas obras en Animacam.

Para comezar a semana temos o inmenso pracer de facer unha homenaxe ao crecente número de mulleres animadoras que presentan os seus traballos en Animacam.

Cada categoría estrea polo menos unha obra de mulleres animadoras de diversos países que se resumen da seguinte maneira:

De Romanía chéganos a curtametraxe "How to deal with non sense", unha obra de Veronica Solomon. O mundo sempre che parece coherente e comprensible? Pero por que loitar por comprender todo cando con alegría podémonos deslizar a través das capas da razón?

Para a categoría multimedia e dende Alemaña, temos o gusto de presentarvos a obra de Antje Heyn, "Lumo", unha película de interacción entre o debuxante e o seu debuxo, entre dous personaxes e entre o pensador e o pensamento.

Para a categoría retrospectiva, un ano máis, a figura de Monique Renault será  a nosa protagonista presentándonos varios films clásicos que, en compañía de Hellen Meske á dirección, móstrannos o lado feminino máis activo da Animación dos anos 80 e 90. Estes son os Films de Monique e Hellen:

Con "Hands off" preséntannos un Filme educativo que pretende un estímulo para o debate dentro dunha campaña máis ampla contra a violencia de xénero.

"Long live the sexual revolution" ofrécenos a historia dun home que fai unha planificación e prepárase para facer o amor coa súa parella, sen preocuparse de se o desexo é mutuo. Non parece que a súa parella teña o mesmo desexo ca el ...

E xa en solitario, Monique ilústranos con "La Dona e Mobile", unha viaxe ás fantasías masculinas vista a través dos ollos dunha muller, baseada na famosa opera do Rigoleto de Verdi. O duque de Mantua soña con espidos, languidecendo belezas. As mulleres representan as famosas pinturas de: Matisse, Ingres, Boticelli, Degas, deleitándose coa beleza dun pousado ou nun xesto sensual.






No hay comentarios:

Publicar un comentario