Para concluír a semana presentámosvos as obras de diversos animadores internacionais que optarán nas súas respectivas categorías a un premio de 600 euros.
Dende Xeorxia da man de Zurab Diasamidze chéganos unha curtametraxe de animación de Vladimir "Lado" Sulakvelidke, que baixo o título "A legend about wine", nárranos a modo de fábula a orixe do viño segundo a tradición popular deste país.
Atoparase acompañada na categoría de curtos por "All´s a lie" unha divertidísima teoría sobre o final do universo que nos depara un desternillante final. Este filme de Polykarpos Parioristsas será un dos representantes helenos no festival.
Para a categoría multimedia, desde Panamá chégannos dous traballos de Eduardo Galvís.
Con "Intervención Torre Eiffel" móstranos un vídeo musical de animación caracterizado polo seu poderoso cromatismo e unha potente ambientación musical.
Mentres que con "Siluetas dunha Cidade" mostra a animación do proxecto homónimo, no que busca unha resposta e convida os habitantes a unha concienciación da cultura cidadá.
Antes de comezar o fin de semana, desde o equipo Animacam gustaríanos facer un chamamento a forma de invitación a todos os animadores de calquera parte do mundo a participar nesta IV edición de Animacam; lembrándovos que para compartir as vosas obras con toda a gran familia da animación Animacam, só tedes que subir os vosos films de animación á Web de Animacam IV edición, previo cumprimento das bases que se enlazan aquí, e poderedes optar a un premio económico de 600 euros por categoría.
Esperámosvos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario