21 de septiembre de 2011

Estudantes da Ecolé Gerges Melies presentan as súas obras en Animacam IV edición (part II)


Como prometeramos, hoxe temos o inmenso pracer de presentarvos os novos filmes dos alumnos da Ecolé Georges Meliès, que nos chegan da man dos amigos de Premium Films e que entrarán a concurso na IV edición de Animacam.
Con "Sirocco" de Anne Guetto, Guillaume Rajaona e Yaara Cellier, viviremos a singradura dun mariñeiro por un deserto de Area á caza dunha balea de aire. Unha simbólica curtametraxe que nos depara un desesperado final.
Coa curtametraxe de animación "Portrait Crashé" nárrasenos a peculiar e divertida peripecia dun garda de museo e un ladrón na pugna por facerse cunha importante obra de arte. Un filme cheo de diversión que nos chega da man de Joachim Henrard, Mathieu Krystoforski, Agustin Legueux e Lucas Mayen.
O lado máis onírico pono Vivien Moer e Le viet Trang co seu filme "Stigma", no que un moribundo viaxará ao mundo dos soños en busca dunha alianza, a súa identidade e a súa vida. Intrigante curto de animación de gran beleza estética e coidada ambientación musical.
Para  acompañar a estas  obras, na categoría multimedia incluímos o teaser de "The Hope", realizado por Edouard Koen e Nicolas Dalaiev. Para non desvelarvos a sorpresa ... mellor que o vexades por vós mesmos. 

O vindeiro venres máis estreas na carteleira de Animacam, non volo perdades.

Accede a Sirocco

Coñece a divertida historia de Portrait Crashé

Viaxa ao mundo do onírico con Stigma

Coñece o segredo que se encerra en The Hope

Participa en Animacam IV edición

No hay comentarios:

Publicar un comentario