De novo, este xoves presentamos cinco novas animacións a concurso na Sección Oficial do Festival Animacam. Son xa máis de 60 as animacións disponíbeis na páxina web. Nesta ocasión, as historias céntrase no drama, na melancolía e morriña pero tamén tendo un toque de picardía e renartería así como moita música!
Milena Klebanov preséntanos unha fermosa e interesante historia: The elephant. Unha animación que encerra unha curiosa moralexa que todos deberiamos aprender: "Se contas cun aspecto diferente ao resto, non sintas vergoña". Da animación israelí, pasamos a este doce filme sobre a pescuda dunha rapaciña, que descobre o mundo enteiro dentro dunha folla. Baixo o título Lebensader, a animadora alemana Angela Steffen, emprega a técnica de 2D tradicional misturada con backgrounds cheos de colorido. Joaquín Carrasquilla volve participar cunha animación creada para un programa de televisión llamado En 13 a ganar!
O ruso Alex Budovskiy preséntanos a segunda parte de Bathtime in Clerkenwell: Last time in Clerkenwell, unha divertida animación flash que narra o desenlace da primeira parte, na que a Revolución dos cucos está asentada e teñen Londres tomado por completo. Por último, Elliot Cowan dende Australia, móstranos un conto sobre a obsesión, a paranoia e o té quente: The thing in the distance.
No hay comentarios:
Publicar un comentario