A partir de agora, as estreas de Animacam serán o xoves de cada semana. Tras disfrutar dunha semana completa con cinco películas nas cales contemplábamos diferentes rexistros, queremos obsequiarvos con outras cinco estreas: cinco obras de animación en 2D, stop-motion e animación con títeres; historias tristes e alegres para que contedes coa alegría e o ánimo deste mes de maio.
Dende España, Stefano Nicole nos presenta unha loita en stop-motion do máis curiosa: Super 8 Film Fighter; unha cámara de Super 8 enfróntase a un inimigo mordaz: a cámara de vídeo. Os franceses da escola de animación Gobelins, ofrécennos Monstera Deliciosa, un filme de Jérémy Macedo, Julien Perron, Ornélie Prioul & Rémi Salmon, sobre a fascinación dun home por unha estrana muller.
El caricaturista é unha obra da categoría retrospectiva (unha das máis antigas presentadas ao Animacam) que nos chega da man de Joaquín Carrasquilla dende Panamá. A animación de 1986 narra a viaxe a través da imaxinación dun caricaturista. O sueco Johannes Nyholm nos presenta Dreams from the Woods, unha obra de teatro de títeres de sombras sobre o amor e a dor, presentada á Quincena de Realizadores de Cannes. Por último, a animadora búlgara Borislava Zahova preséntanos Meaning, unha secuencia de tiro rápido de símbolos con significado socialmente prescrito para unha banda sonora desarticulada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario