De novo, tornamos aos venres como final da semana laboral para ofrecervos cinco animacións de estrea en Animacam, e así ter ocasión de disfrutar e animarse a fin de semana. Esta semana destacamos a mistura de técnicas de animación, as diferentes liñas argumentais seguidas polos creadores, as peculiaridades e particulares das animacións de diferentes países e destacar a participación dun anuncio latino con más de 25 anos e unha nova animación de PDA (Pequenos Debuxos Animados) creada por un grupo nenos españois dende Soria.
Johannes Nyholm volve a participar en Animacam, tras presentar a súa obra Dreams of the Woods, un teatro de marionetas, presenta The Little Tale of the Puppetboy, unha historia en plastilina que narra o desacougo de Puppetboy pola espera dunha visita. Ayar Blasco dende Arxentina regresa con 14 cañonazos bailables de Chimiboga, abrindo boca con pequenos relatos cómicos feitos en flash. Tamén de Latinoamérica, chega un novo spot de Joaquín Carrasquilla, onde un animado King Kong de plastilina presenta unha bebida refrescante. Esta animación data do ano 1984 e vén dende Panamá.
Alex Budovskiy estrena en Animacam Bathtime in Clerkenwell, unha historia en flash, que nos achega a Gran Revolución dos páxaros de cuco británicos, fartos de cumprir as ordes dos folgazáns, deciden tomar Londres. E por último, chéganos unha nova animación de PDA (Pequenos Debuxos Animados) creada por 12 nenos sorianos de entre 9 e 12 anos baixo o título El reloj de la audiencia da la una: un documental sobre a historia do reloxo que preside a praza maior da cidade de Soria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario