Mostrando entradas con la etiqueta Casino flotante. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Casino flotante. Mostrar todas las entradas

21 de octubre de 2011

Animacam ofrécevos grandes clásicos animados internacionais para un fin de semana moi especial

Remata unha nova semana e Animacam ofrécevos unha proposta moi animada para estes días. Dende Taiwan, Rusia, Noruega e Arxentina chégannos uns moi interesante clásicos da animación internacional que farán que gocedes dunha moi grata compañía. 


Para iniciar as presentacións, e como de clásicos falamos, a categoría retrospectiva vístese de gala para recibir grandes obras da Animación Internacional.

Desde Taiwan chéganos a obra "Roue", unha proposta da prestixiosa animadora Taili Wu que nos mostra un autoretrato composto por fragmentos dos seus soños, recordos infantís e emocións. Unha obra de gran beleza plástica e técnica moi depurada que fará que disfrutedes dun intre inesquecible.

A mitoloxía escandinava móstrasenos en toda a súa esencia grazas á cortesía de Tuva Synnevag; quen coa súa obra "Sáiva", cóntanos unha preciosa historia sobre a cultura Sami personificada na procura dunha muller en prol do seu amado morto. Unha belísima animación que non vos debedes perder.

Cun toque tenro e moi gráfico, desde Rusia Olga Kudryavtseva con "Prol Ptitsu" cóntanos a tenra historia do soño dun paxarillo que talvez non se cumpra como el esperara. Unha marabillosa curtametraxe de animación que fará as delicias de maiores e pequenos.

Para entrar na categoría curtametraxe, e se de clásicos e paxarillos falamos, que mellor que nosa gran amiga Ileana Andrea Gómez Gavinoser que nos volve a agasallar cunha tenra, poética e reflexiva historia dun paxaro en forma de oda á liberdade. Grazas de novo Ileana por mostrarnos tan substanciais historias tingíndoas de tanta máxica poesía.

E para finalizar ... SI!, xa está aquí o que moitos estabades a esperar ... o gran desenlace da aventura de Juan Bardo. Grazas á man de Leo Ka, as peripecias do máis famosos axente secreto arxentino dentro do "Casino Flotante" chegan ao seu fin. Conseguirá Juan o seu obxectivo?, non te perdas o fenomenal desenlace desta aventura mentres agardamos con ansía que cheguen moitas máis. Moitas grazas pola achega amigo Leo; o dito, agardamos con ilusión saber pronto de máis aventuras de Juan Bardo.

Desexando que gocedes dun fin de semana ao grande; dende equipo Animacam facémosvos chegar os nosos mellores desexos, non se antes lembrarvos que o vindeiro luns vos espera unha nova cita co mellor da animación mundial na carteleira máis animada.

Feliz fin de semana a todos!!!!

  

19 de octubre de 2011

Continua a gran semana da animación internacional coa estrea de 5 obras de primeiro nivel na carteleira máis animada


Isto está que arde amigos. É un gran pracer para nós presentar as cinco obras que hoxe se estrean na carteleira de Animacam e que competirán polos premios das súas respectivas categorías.

Catro grandes curtametraxes animación e un máis que feliz reencontro na categoría multimedia, serán os protagonistas deste mércores animado en Animacam 2011.

Para comezar coas presentacións de hoxe temos o inmenso pracer de presentarvos unha obra que causou e está a causar sensación en diversos festivais internacionais así como nas redes sociais especializadas. Dende Dinamarca a cortesía de Henrik Malmgren agasállanos con "The Guest", un dinámico drama social cheo de acción que espertará o noso lado máis tenro e reflexivo, e que nos chega co irrefutable aval do éxito cultivado no festival "Siggraph" de Los Ángeles , o que é considerado por moitos como o evento máis importante da animación 3D no mundo.

Acompáñalle na categoría curtametraxe un gran traballo do director español Gerardo de la Fuente, quen nos presenta a súa obra "El amor era eso". A impecable argumentación que caracteriza a esta obra interactiva sérvese do 3D e imaxe real para mostrarnos unha moi interesante proposta que bo seguro agradará aos públicos máis esixentes.

O lado máis humano chéganos da man de Carmen Díaz, que coa súa obra "FQ" penétranos no máis cru da enfermidade que dá nome ao curto, a Fibrosis Quística. Un vídeo homenaxe que non poderedes deixar de compartir. Moitas grazas pola túa achega Carmen.

Cambiando de terzo; onde sobran presentacións é na obra do director Arxentino Leo Ka "Casino Flotante", que hoxe presenta o seu terceiro capítulo nunha serie que está que arde (nunca mellor dito). Non o perdas

E para finalizar, o equipo Animacam énchese de felicidade de presentar un ano máis a nosa ben querida Inma Carpe. A dobre gañadora da categoría retrospectiva do festival Animacam en 2009 e 2010, agasállanos cunha interesante proposta en forma Spot para a categoría multimedia, "Daddy's girl", que non debedes deixar de ver. Benvida a casa Inma !!!.

Desexando que gocedes da oferta que vos propomos, só queda convidarvos a que compartades connosco o vindeiro venres as novas estreas que vos temos preparadas en Animacam.

Saúdos Animados amigos!!!
  


14 de octubre de 2011

Cinco grandes estrenos na carteleira de Animacam

  Para rematar unha semana moi movida, nada mellor que cinco grandes estreas en Animacam. Estonia, Arxentina e España son os países que nos agasallan con obras de altísimo nivel neste fin de semana animado.

Para iniciar as presentacións, temos o inmenso pracer de presentar a Andres Tenusaar, que dende Estonia nos trae dous elaborados vídeos musicais de Animación que se definen da seguinte maneira:

Con "Sunny Mision", móstranos un moi traballado Stop Motion que nos narra unha poética batalla sobre unha mesa. Para realizar este clip Andres utilizou 25 horas, en todas elas usando como única fonte de iluminación dúas candeas. O clip animado ten unha gran ambientación musical que corre a cargo do grupo Hauschka.

Con "Strange Commitment", Andres trasládanos a un mundo de poesía visual materializado en barallas de cartas, que logran espertar un sentimento de extremada beleza por parte do espectador. A potente ambientación musical corre a cargo do grupo estoniano Opium Flirt.

Dúas animacións de gran beleza e coidada elaboración que non debedes perdervos.


Para entrar na categoría curtametraxe, nada mellor que iniciar as presentacións coa serie animada "Casino flotante". Desde Arxentina e da man de Leonel Klanjberg, chéganos esta desternillante serie de Animación que nos narrará a historia do axente secreto máis famoso de Arxentina, na súa particular aventura ao máis puro estilo "Casino Royal". Se queredes pasar un intre divertido non deixedes de ver este primeiro capítulo dun total de catro, que poderedes gozar en exclusiva en Animacam.

Seguindo co lado máis divertido na categoría curtametraxe, temos o inmenso gusto de presentarvos "CAT Reserva" unha coidada obra de animación que nos chega da man dos irmáns Flores, Fernando e J.B, que foi merecedora de numerosos recoñecementos en importantes certames de animación a nivel nacional. Estamos seguros que tamen recibirá unha gran acollida por parte dos seguidores de Animacam.

E xa para finalizar, que mellor que penetrarnos na máis pura poesía visual da man de Óscar Cabezas coa súa curtametraxe "Petita Vida". Unha curta que aúna pequenas historias filosóficas ambientada musicalmente por dúas ukeleles na colaboración de Olga Capdevilla . Un máis que interesante traballo que abre unha fin de semana que dende o equipo Animacam desexamos que gocedes ao grande.