19 de octubre de 2011

Continua a gran semana da animación internacional coa estrea de 5 obras de primeiro nivel na carteleira máis animada


Isto está que arde amigos. É un gran pracer para nós presentar as cinco obras que hoxe se estrean na carteleira de Animacam e que competirán polos premios das súas respectivas categorías.

Catro grandes curtametraxes animación e un máis que feliz reencontro na categoría multimedia, serán os protagonistas deste mércores animado en Animacam 2011.

Para comezar coas presentacións de hoxe temos o inmenso pracer de presentarvos unha obra que causou e está a causar sensación en diversos festivais internacionais así como nas redes sociais especializadas. Dende Dinamarca a cortesía de Henrik Malmgren agasállanos con "The Guest", un dinámico drama social cheo de acción que espertará o noso lado máis tenro e reflexivo, e que nos chega co irrefutable aval do éxito cultivado no festival "Siggraph" de Los Ángeles , o que é considerado por moitos como o evento máis importante da animación 3D no mundo.

Acompáñalle na categoría curtametraxe un gran traballo do director español Gerardo de la Fuente, quen nos presenta a súa obra "El amor era eso". A impecable argumentación que caracteriza a esta obra interactiva sérvese do 3D e imaxe real para mostrarnos unha moi interesante proposta que bo seguro agradará aos públicos máis esixentes.

O lado máis humano chéganos da man de Carmen Díaz, que coa súa obra "FQ" penétranos no máis cru da enfermidade que dá nome ao curto, a Fibrosis Quística. Un vídeo homenaxe que non poderedes deixar de compartir. Moitas grazas pola túa achega Carmen.

Cambiando de terzo; onde sobran presentacións é na obra do director Arxentino Leo Ka "Casino Flotante", que hoxe presenta o seu terceiro capítulo nunha serie que está que arde (nunca mellor dito). Non o perdas

E para finalizar, o equipo Animacam énchese de felicidade de presentar un ano máis a nosa ben querida Inma Carpe. A dobre gañadora da categoría retrospectiva do festival Animacam en 2009 e 2010, agasállanos cunha interesante proposta en forma Spot para a categoría multimedia, "Daddy's girl", que non debedes deixar de ver. Benvida a casa Inma !!!.

Desexando que gocedes da oferta que vos propomos, só queda convidarvos a que compartades connosco o vindeiro venres as novas estreas que vos temos preparadas en Animacam.

Saúdos Animados amigos!!!
  


No hay comentarios:

Publicar un comentario