10 de octubre de 2011

5 novos filmes de animación en Animacam 2011

 Comeza unha nova semana en Animacam con cinco interesantes estreas na carteleira máis animada.

Cinco interesantes animacións, nas que debuta México como novo país na carteleira 2011, serán as protagonistas deste luns en Animacam.

Para comezar as presentacións, desde Arxentina temos o pracer de presentarvos "BOX" unha curtomertaxe de animación realizada por Juan Carlos Camardella co programa de Acceso Libre Blender, ao ritmo do cuarteto cordobés arxentino na que se nos narra o enfrontamento dun Boxeador cos seus recordos. Un máis que palpitante proxecto que nos mostras as calidades de Blender.

Acompáñanlle nesta categoría dous máis que recomendables filmes de animación mexicanos que nos chegan da man de Víctor Hugo Martínez Izquierdo:

Con "Os presaxios funestos", cóntanos os sinais recibidos polo pobo Mexica antes da chegada dos conquistadores españois. Unha suxestiva viaxe que nos adentrará na esencia da cultura histórica mexicana.

Mentres que con "O mosco", móstranos a animación dun mosquito cadro por cadro. Rechamante proposta de Víctor Hugo Martínez Izquierdo que nos ensina o desenvolvemento e a aplicación persoal desta técnica de animación.

V. Hugo tamén nos agasalla na categoría Multimedia cun tip, a modo de Anuncio, sobre "a responsabilidade cidadá na concienciación de non conducir ebrio". Unha atractiva proposta para a asimilación neste candente e actual tema.

Na categoría retrospectiva, poderedes gozar do filme de animación "Todos te queremos", unha premiada proposta de Miguel Chehaibar; que tamén desde México amósanos nunha historia sobre a vellez e o dramático peso das cargas familiares. Unha máis que aconsellable animación que non deixará de lado un clamor de sentimento.

Para esta semana adiantámosvos que temos preparado unha nutrida selección de films que poderedes gozar en primicia en Animacam.

Estade atentos á carteleira!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario