Mostrando entradas con la etiqueta Taili Wu. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Taili Wu. Mostrar todas las entradas

21 de octubre de 2011

Animacam ofrécevos grandes clásicos animados internacionais para un fin de semana moi especial

Remata unha nova semana e Animacam ofrécevos unha proposta moi animada para estes días. Dende Taiwan, Rusia, Noruega e Arxentina chégannos uns moi interesante clásicos da animación internacional que farán que gocedes dunha moi grata compañía. 


Para iniciar as presentacións, e como de clásicos falamos, a categoría retrospectiva vístese de gala para recibir grandes obras da Animación Internacional.

Desde Taiwan chéganos a obra "Roue", unha proposta da prestixiosa animadora Taili Wu que nos mostra un autoretrato composto por fragmentos dos seus soños, recordos infantís e emocións. Unha obra de gran beleza plástica e técnica moi depurada que fará que disfrutedes dun intre inesquecible.

A mitoloxía escandinava móstrasenos en toda a súa esencia grazas á cortesía de Tuva Synnevag; quen coa súa obra "Sáiva", cóntanos unha preciosa historia sobre a cultura Sami personificada na procura dunha muller en prol do seu amado morto. Unha belísima animación que non vos debedes perder.

Cun toque tenro e moi gráfico, desde Rusia Olga Kudryavtseva con "Prol Ptitsu" cóntanos a tenra historia do soño dun paxarillo que talvez non se cumpra como el esperara. Unha marabillosa curtametraxe de animación que fará as delicias de maiores e pequenos.

Para entrar na categoría curtametraxe, e se de clásicos e paxarillos falamos, que mellor que nosa gran amiga Ileana Andrea Gómez Gavinoser que nos volve a agasallar cunha tenra, poética e reflexiva historia dun paxaro en forma de oda á liberdade. Grazas de novo Ileana por mostrarnos tan substanciais historias tingíndoas de tanta máxica poesía.

E para finalizar ... SI!, xa está aquí o que moitos estabades a esperar ... o gran desenlace da aventura de Juan Bardo. Grazas á man de Leo Ka, as peripecias do máis famosos axente secreto arxentino dentro do "Casino Flotante" chegan ao seu fin. Conseguirá Juan o seu obxectivo?, non te perdas o fenomenal desenlace desta aventura mentres agardamos con ansía que cheguen moitas máis. Moitas grazas pola achega amigo Leo; o dito, agardamos con ilusión saber pronto de máis aventuras de Juan Bardo.

Desexando que gocedes dun fin de semana ao grande; dende equipo Animacam facémosvos chegar os nosos mellores desexos, non se antes lembrarvos que o vindeiro luns vos espera unha nova cita co mellor da animación mundial na carteleira máis animada.

Feliz fin de semana a todos!!!!