
Miguel Otalóra presenta desde Colombia a obra en 2D tradicional The bet, na que as consecuencias dunha aposta poden ser nefastas para todo aquel que se atope preto da mesma. O animador experimental de orixe alemana Thorsten Fleisch participa de novo en Animacam con Gestalt. Tras presentar na pasada edición a súa obra Energie, o animador amósanos unha representación dos fractales.
Os alumnos de 4º da ESO do IES Pino Manso de O Porriño guiados polo seu profesor de Educación Artística Carlos Lago, presentan un vídeo multimedia concebido para formar parte dos créditos dunha curtametraxe titulada Unha de romanos, na cal dous adolescentes viaxan atrás no tempo ata a Antiga Roma. Ivan Zolotukhin dende Rusia participa cun videoclip titulado Kolhozniki, no cal mostra unha fuxida dunha banda tras comezar unha operación de tráfico de drogas. A canción é interpretada con ritmo hip-hop pola banda rusa Krovostok. Finalmente, Kaichi Sato amósanos un futuro pouco prometedor en CannibAlien, onde os humanos pasarán a ser os pratos de comida para os alieníxenas caníbales.
No hay comentarios:
Publicar un comentario