7 de julio de 2010

Animando a semana con deporte e movemento

Unha semana máis, Animacam presenta cinco animacións de todas as cores e de todas as técnicas para continuar no seu percorrido pola rede na cal se atopan internautas de todo o mundo para disfrutar visionando filmes de debuxos animados.

Dada a transcendencia internacional do evento, o Mundial de Sudáfrica tamén está presente en Animacam, contando cos novos toons ou debuxos animados dos xogadores da Selección Española, que hoxe se enfrontan ante Alemaña nas semifinais do campionato. Sergio Ramos fala da experiencia en cuartos ante Paraguay nunha produción de Chips and Films.

Acompañando a esta animación de actualidade que narrará as novidades da selección vermella, atopamos outra animación española en stop-motion, desenvolvida por Galder Arriaga e producida por Mailuki Films: Musu bat - o camiño a percorrer por un bico-. Dende Azerbaixán, chéganos un curioso spot que fomenta o aforro de enerxía lumínica baixo o título Electricy Saving, creado por Rahim Baghal Asghari.

A animadora francesa Joanna Lurie amósanos unha fermosa animación que fala acerca da emigración das árbores, onde flora e fauna teñen que fuxir para atopar un lugar onde ficar quedos sen as ameazas dos invasores. Finalmente, Boris Cornejo presenta de novo unha animación 3D desde Perú: Message, onde unha familia hispana vive en Florida sen perder as súas costumes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario