17 de noviembre de 2011

Estrea especial das obras de animación de Balieri Studio en Animacam 2011

 Hoxe temos o pracer de presentar 6 obras animadas dos amigos de Balieri Studio, a través das cales faremos un repaso pola carreira animada destes reputados amigos animados.

Sen máis dilación imos coas presentacións. E para comezar por orde cronolóxica temos o pracer de presentar na categoría retrospectiva a obra do director Renato Roldán Ramis: "La semilla del recuerdo". Unha fantástica animación sobre o recordo cara os seres queridos que xa non están.

Seguindo na categoría retrospectiva, presentámosvos outra volta de torca sobre a popularísima serie "Lost". Se es un apaixonado de "Lost", non podes perderche: "Lost, the lost charpter".

Continuando coa gran creatividade que atesouran os amigos de Balieri Studio, temos o pracer de presentar "Nono y la luna" (teaser). Un fantástico proxecto dotado de grandísima calidade técnica e colorido que vos deixará cun sabor de boca moi doce.

E desta forma entramos na categoría multimedia e curtametraxe para presentarvos tres obras en proxecto de desenrolo que buscan financiamento para seguir desenvolvendo as grandes dotes destes artistas.

Con "Kutxu!" preséntannos unha máis que entrañable proposta animada cun claro enfoque cara ao público infantil. Desexamos vela pronto convertida nunha serie que a recado terá un éxito asegurado.

O lado máis suxestivo chéganos co proxecto "Lorna 2.0". Un thriller futurísta cheo de suxerentes formas e endiañada acción que se unen nun crisol de marcada calidade técnica para dotar a esta obra como un máis que interesante reclamo animado.

E para finalizar, presentamos na categoría curtametraxe a obra "Once upon a Love". Unha divertidísima historia de amor revosante de comicidade que reflicte ás claras a gran creatividade da que son posuidores Renato Roldán e os amigos de Balieri Studio. Esperamos que a aventura continúe no móbil.

E con isto despedímonos por hoxe lembrándovos que se achega o "duelo final" das votacións en Animacam. Só quedan dúas semanas e aínda podedes enviar os vosos filmes a: info@animacam.tv ou subilos directamente á Web.

Agardámosvos !!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario