18 de noviembre de 2011

8 grandes estreas da mellor animación internacional en Animacam 2011

 Achégase a recta final do Animacam 2011 e séguennos chegando obras de enorme calidade ao festival máis animado. Desta forma, 8 grandes estreas serán os protagonistas da fin de semana, a través das cales poderemos gozar da mellor animación mundial.

Para comezar as presentacións ninguén mellor que Malika Whitaker, quen nos agasalla con dúas marabillosas obras de arte cargadas de marcadas tinguiduras intimistas, por medio da cales nos convida á reflexión sobre o lado máis particular do sentimento do compromiso. Con "Fear me not" en curtametraxe e "Lettin´go" en retrospectiva, poderemos observar a evolución do sentimento máis íntimo desta prestixiosa directora de animación francesa.

De man dos amigos de Divulgare chégannos dous elaboradísimos traballos documentais á categoría multimedia do festival. Con "Invasións biolóxicas: o caso do visón americano" e "Estratexias Adaptativas: hipotesis da alarma contra ladróns" móstrannos dunha forma moi amena o lado científico da nosa realidade máis próxima .

Os traballos de Divulgare gozarán da compañía dunha promo-presentación do día dos mortos en México. Un suxestivo traballo animado que nos achega Cesar Omar Esparza, e que é fiel reflexo da gran cultura e idiosincrasia deste país.

Dende Bélxica, da man de Britt Raes, chéganos "I like a bird". Unha fantástica historia dotada de gran beleza visual que nos conducirá de pleno a un mundo surrealista. Goza desta gran animación na categoría retrospectiva de Animacam.

Acompáñalle en retrospectiva outra singular obra do director Hicham Bouzahzah, quen con Street Fighter rende homenaxe ao archiconocido videoxogo de Capcom que triunfou en videoconsolas e salóns recreativos nos 90.

Para finalizar, o lado máis cómico chéganos dende Hungría da man de Csaba Bardos.  Coa súa obra "Albert" faranos gozar duns divertidos momentos animados, condimentados cunha proposta que soborda calidade polo catro custados. Gozade deste gran traballo do director Csaba Bardos na categoría curtametraxe do festival.

E así despedímosnos até o vindeiro luns, cando poderedes gozar da grandísima carteleira con premiadas obras da animación internacional que vos temos preparada en Animacam 2011.

Feliz fin de semana a todos amigos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario