Para pechar a IV edición do Festival, desde Animacam ofrecémosvos 12 grandes estreas da animación internacional que vos convidamos a que gocedes en alta calidade coa opción HD do reprodutor de vídeo do Web.
Para comezar as últimas presentacións, temos o inmenso pracer de ofrecervos o traballo da prestixiosa escola de animación ESMA, a calidade das súas obras fala por si soa.
Con "Gom" preséntannos a historia dun particular circo no que un raparigo busca o seu debut profesional. Calidade gráfica de 10 e máxima diversión neste grandísimo curto animado.
En "Little Tombstone", cun 3D que roza o real, os moz@s de ESMA recrean un duelo ao sol entre dous pistoleiros que terá un final do menos previsible.
Risas por milleiros acompañadas da mellor calidade en "Tadufeu", unha diveridísma curta animada onde dúas razas loitan polo control do lume. Grandísima obra de animación que non debedes perdervos baixo ningún concepto.
Con "Cross Road", os integrantes de ESMA, lévannos á vida dun peculiar músico de blues que tras realizar un pacto co diaño, pronto se verá sorprendido polas demandas deste. Un filme cun guión impecable, calidade excepcional e música de primeira que poderedes gozar en exclusiva en Animacam IV edición.
A obra "Reflect", adéntranos na historia dunha restauradora e o seu peculiar cadro. O que a guiará a través dun colorido mundo de desconfianza.
"Electroshock" ponnos na pel dun peculiar electricista quen, na procura do amor dunha bela moza, vivirá incribles e graciosos sucesos
Se o teu é a comedia non podes perderte "Temps Mort", a divertida historia da guadaña na súa loita por levarse a unha entrañable velliña.
O lado máis fantástico e terrorífico chéganos con "Sun Knapping" na historia dunha nena perdida nún parque. A imaxinación e o colorido brillan con luz propia neste filme.
A aposta Elegante de ESMA témola co filme "Au Poil", na que os utensilios dun lavabo teñen unha acalorada discusión dentro dunha película animada onde a calidade técnica soborda polo catro custados.
O lado máis suxestivo poderemos gozalo en "Eden", onde Adán terá unha gran loita interior para non sucumbir aos encantos de Eva.
Se gústanche os contos de princesas convidámoste a gozar de "Tout Conte Fait" e divírteche con esta sátira aos tópicos establecidos.
Para finalizar as presentacións de ESMA, ofrecémosvos "Swing" film no que poderedes admirar as peculiaridades dun Barbeiro melómano.
Lembrade que hoxe comezan as votacións, para poder votar os teus filmes favoritos na IV edición de Animacam, debes estar rexistrado na web. Así que, a que esperas?, rexístrate xa e se o primeiro en apoiar ao teu filme favorito.
Gozade da proposta amig@s!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario