10 de diciembre de 2009

Onda Curta: Reportaxe sobre Animacam



Onda Curta entrevista aos organizadores do Festival Internacional de Animación Online, o Animacam, na súa sede en Sandiás. Coñecendo as instalacións e aos integrantes do equipo Animacam, Onda Curta interésase pola idea do proxecto, a esencia do festival e a ardua labor de deseñar e estruturar un proxecto para todo o mundo dende un concello do interior de Galicia que apenas sobrepasa o milleiro de habitantes.

Ademáis, móstranse imaxes dalgunhas das obras presentadas nesta Segunda Edición, coma Tranquilidad de Ana Couñago, Mi vida en tus manos de IB Cinema, Iran: a nation of bloggers de Aaron Chiesa, a moldava Baro and Tagar de Dmitri Voloshin, Oscuro Cardinal do hondureño Adrián Guerra, Ratrix Hero (a desternillante parodia de Matrix), Corte eléctrico da colombiana María Arteaga e a comedia culinaria arxentina Fácil, fresco e familiar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario