Mostrando entradas con la etiqueta Supinfocom. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Supinfocom. Mostrar todas las entradas

7 de noviembre de 2011

Nova semana e novas estreas de Francia, Serbia e Arxentina en Animacam 2011

Para comezar a semana presentámosvos as últimas achegas de Supinfocom 2010, que lucirán na categoría curtametraxe xunto a unha máis que destacable obra que nos chega de Serbia e a unha "promo-presentación" que nos chega dende Arxentina para a categoría multimedia.

A falta de poucos días para o peche do prazo de recepción de filmes, lembrámosvos que se producirá o próximo 30 de novembro, Animacam 2011 congratúlase de presentarvos estás seis importantes obras da Animación internacional na carteleira máis Animada.

Para despedirnos das achegas da Escola Superior de Animación Supinfocom temos o inmenso pracer de presentar:

"The Make Over", unha elaboradísima obra de animación que reflicte a gran calidade que atesouran os alumnos de Supinfocom nos seus traballos.  Na obra móstrasenos por medio dunha historia actual, unha xenial homenaxe a algunhas das máis importantes películas de Disney.

A particular parada dos Monstros chega á cidade. Damas e cabaleiros, nenos e nenas pasen e vexan: "Tous des Monstres". Un xenial filme de Animación en 3D que soborda calidade polo catro custados.

Co lado máis divertido, dotado da gran calidade que atesouran as estreas deste luns, temos o pracer de presentarlles a obra "Vie D´enfer", na que un pequeno diaño escápase do inferno para conquistar o reino dos ceos.

E para pór o broche de ouro á participación de Supinfocom en Animacam, temos o pracer de compartir convosco "8-bits". Unha obra de xenial calidade que nos mostra un elaboradísimo homenaxe ao mundo do videoxogo dos anos 90. Un filme que non poderedes deixar de ver.

Moitas grazas aos amigos de Supinfocom por estas grandes achegas, e moitas grazas tamén aos amigos de Premium Films por apostar por Animacam na promoción das mellores obras de animación das máis prestixiosas Escolas Francesas do xénero. Recibide os nosos mellores desexos!. Esperámosvos en Animacam V.

E despois dunha despedida, unha nova presentación. Dende Serbia, para a categoría curtametraxe, temos o inmenso pracer de presentarvos a gran obra da director Vid Rajin, "CINEmataclysm". Onde se nos narra a historia dunha proxección de cinema que saíu terriblemente mal, aínda que o público parece estar encantado. Non te perdas este proxecto de fin de estudos que nos mostra ás claras a gran calidade que atesoura este director serbio.

E para finalizar as presentacións: dende Arxentina, para a categoría multimedia da man de Juan Manuel Costa, chéganos esta promo-presentación do Festival de Animación de Cordoba ANIMA. Moitas grazas pola achega e moitos saúdos a Juan Manuel e aos compañeiros de ANIMA.

E isto é todo por hoxe amigos. Lembrade que aínda estades a tempo de enviar as vosas animacións e participar na sección oficial de Animacam 2011. Esperámosvos o vindeiro mércores con máis animacións interncionais e novas sorpresas en Animacam IV edición.

4 de noviembre de 2011

Gran semana da animación en Animacam con diversas propostas internacionais que poderedes gozar na carteleira máis animada.

 Sete novas animacións que se unen as sete estreas do pasado mércores para formar un máis que atractivo elenco de posibilidades para todos os públicos dentro do festival máis animado.

A aposta de Supinfocom 2010 en curtametraxe únese a unha máis que atractiva oferta en multimedia para agasallar a todos os públicos cuns amenos intres na compaña da mellor animación internacional de 2010 e 2011.

E como é habitual, comezaremos as presentacións coas obras de Supinfocom 2010:

A proposta máis natural chéganos coa obra "D´unha rare crudite", onde se nos mostra a vida dun colorista xardín baixo a expresividade dunha máis que interesante animación. 

Enxalzando unha depurada técnica en 3D, "Fly me Out" achéganos unha tenra historia de dous nenos na busca dunha fuxida, na busca da liberdade, na busca de voar.

O toque máis terrorífico chéganos con "Hambuster". Outra película de zombies?, non. A mellor ambientación ao máis puro estilo Resident Evil nesta fascinante historia de animación que non vos deixará indiferentes.

Para os máis pequenos, temos unha gran aposta con "Hezarfen", onde varios alumnos de Supinfocom, móstrannos unha divertida historia nun bazar, con marcadas reminiscencias ao Aladín de Disney. Un gran traballo dos amigos da Escola Superior de Animación Supinfocom!

Un toque colorista e extremadamente xenial chéganos con "Matatoro", unha épica apelación á cultura taurina cargada de máxica poesía nunha das obras máis coloristas desta cuarta edición de Animacam. Con tinguiduras de Picaso a Dalí, non debedes perdervos baixo ningún concepto esta grandísima achega dos alumnos de Supinfocom.

Con "Maximall" móstrasenos un filme cheo de intriga, caracterizado por unha gran ambientación e depuradísima técnica que nos achega un thriller no que un mozo tenta fuxir dun centro comercial mentres é atacado por todo obxecto que alí habitan. Non te perdas un momento rebosante de emoción con esta magnífica curta animada.

Unha das máis divertidas e dinámicas aventuras de Animacam, chéganos baixo o título de "Meet Buck", unha cómica e trepidante persecución por parte do pai dunha noiva en busca do seu trofeo de caza.

Entra nunha peculiar clínica de adelgazamento para vivir o amor de dous noivos con "Slim Time", un estudado filme de animación que vos fará pensar.

Supinfocom presenta dúas arte visuais para a categoría multimedia que vos mostrarán ás claras a gran a calidade que atesoura esta prestixiosa escola de animación. Se unha imaxe vale máis que mil palabras, pasen e vexan estas grandes ofertas: "Split" e "Telegraphics"

Para continuar coa oferta en multimedia e retrospectiva temos o inmenso pracer de presentarvos catro grandes achegas:

Dende Rusia, Marina Moshkova agasállanos con "Duality", un mix Stopmotion de imaxe real con 2D, que nos mostra a loita interna das dúas partes dun ser. Non te perdas esta gran achega que nos envía Marina.

Dende España cunha depurada beleza visual, acompañada dunha grandísima ambientación musical, temos un vídeoarte cortesía de Eila Pérez Vázquez e Clara Pisón López, que nos achegan un grande traballo de coidadísima e estudada elaboración, "Heteorotopías". Parabéns por esta obra amigas Eila e Clara. 

Un novo clip musical que nos chega dende Holanda da man de Job Roggeveen, Joris Oprins e Marieke Blaauw, que pon en escena o tema "Born with Bothered Mind" do prestixioso grupo "Happy Camper".

E dende España, para todos os públicos, a historia da última innovación de Skynet: "T-1200". Unha divertida obra en 3D do noso amigo Hicham Bouzahzah, que a recado vos fará pasar un divertido momento animado.

E isto é todo por esta semana amigos, o luns novos estreas internacionais de todos os recunchos do planeta no festival máis animado.

Feliz fin de semana!!!


31 de octubre de 2011

A mellor selección 2010 da Escola Superior de animación e deseño por ordenador Supinfocom, en Animacam IV Edición

 Para concluír o mes, Animacam 2011 ten o pracer de presentar a elaborada proposta de Supinfocom 2010. Durante toda a semana iranse estreando até un total de 19 obras desta prestixiosa escola superior de animación para a categoría curtametraxe, que irán acompañadas na categoría retrospectiva e multimedia por outras grandes obras da animación internacional.

Para empezar a semana, neste último día do mes, Supinfocom convértese en protagosnista coa estrea de 5 curtametraxes de animación que irán acompañados na categoría multimedia e retrospectiva por senllas obras de recoñecido prestixio e altísima calidade dentro do panorama da animación internacional.

Para comezar as presentacións do luns, non hai mellor maneira que facelo coa obra "Akaffa". Unha elaboradísma animación en acrílico e 3D que nos narra a escura historia do café.

Estará acompañada na mesma categoría, competindo por un premio de 600 euros, por "Aleksandr", que nos narra unha divertida historia nun país nos ceos.

Cun toque dinámico e á vez divertido, a carteleira de Animacam vístese de cor para presentar a "Botanica Liberta"; unha trepidante aventura dun cactus, unha planta carnívora e unha árbore que se escapan dun xardín botánico en busca da liberdade.

Con "Branque Brol Tambour", penetrámos no panorama da concienciación sobre aproveitamento dos recursos os, desperdicios e os residuos sólidos.

E para finalizar coas presentacións de hoxe da selección Supinfocom 2010, ofrecémosvos a obra "Chernokids", na que se nos narra a escura e tenebrosa aventura duns nenos moi especiais nun apocalíptico futuro nuclear.

Na categoría multimedia presentámosvos a obra da prestixiosa animadora Caroline Attia, quen co seu incrible estilo e deseño de cor, preséntanos un traballado videoclip para o coñecido cantautor estadounidense Jim Bianco, baixo o título "Elevator Operator"

E para a categoría retrospectiva, temos o inmenso pracer de ofrecervos a premiada obra do prestixiosa animador nortemericano Lucas Martell, quen con "Pigeon Impossible" ofrécenos unha divertida e moi elaborada aventura dun axente secreto moi peculiar. Non te perdas a gran calidade técnica e o elaborado guión desta prestixiosa obra recoñecida internacionalmente.

E isto é todo por hoxe amigos. Lembrade que o vindeiro mércores poderedes gozar de novas estreas de Supinfocom en Animacam 2011, que irán acompañados por grandes obras da animación internacional que vos temos preparadas.

Feliz semana amigos!!!