15 de marzo de 2013

Moitas Grazas



Finalizada a Fase de Competición On-line e Off-line dos premios do Público Animacam 2012 ao Mellor Director e á Mellor Película, dende a organización do Festival desexamos transmitir o noso máis sincero agradecemento pola participación e seguimento desta V Edición do Animacam.

Coa axuda de directores, produtores, animadores, distribuidores, seguidores e, por suposto, patrocinadores cumprimos un gran soño un ano máis.

Máis de 260.000 internautas de todo o mundo puideron gozar das 41 obras finalistas na versión Online do festival, e no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa case 400 persoas tiveron o privilexio de desfrutar en exclusiva dos 77 filmes finalistas na versión Offline, nunha ocasión única e irrepetible.

Nesta V Edición de Animacam realizamos un dos Festivais de máis éxito da nosa historia, sendo isto posible única e exclusivamente grazas á vosa participación, seguimento e inestimable axuda

Por todo iso:

Moitas grazas / Muchas gracias / Thank you very much

As nosas portas e xanelas están enteiramente abertas a ti, e a pesar destes actuáis momentos difíciles, pelexaremos para seguir abríndoas ao que máis amamos: a creatividade animada. 

Sen vós, non hai Festival.

Grazas, Saúde e Animación amigos

Esperámosvos na VI Edición 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada