
Alex Budovskiy continua exhibindo as súas obras en Animacam, de novo voltando á dualidade de cores con Flagged, unha curta de animación adicada ao aniversario da alunizaxe de 2009. Joaquín Carrasquilla estrea esta semana a súa peculiar e satírica obra Chollywood Fight Match, sobre o combate nas eleccións presidenciais panameñas.
Danny Lazarov dende Bulgaria comparte connosco unha experiencia única baixo o título Imitator, sobre o roubo de estilos artísticos por parte dun artista. Un grupo de catro rapaces independientes chilenos de Estudio de Lejos presentan unha animación musical, titulada Seis Arriba. E por último, o nipón Takeshi Inoue participa en Animacam con YOOCHITAI, na que Qu e Vu vanse de aventuras por todo o mundo para traer a felicidade á vida de todos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario