
Todo o que facemos e creamos, non é máis que, un intento...
Ciro Guerra preséntanos esta fantástica metáfora acerca dos nosos obxectivos, as nosas ideas e os nosos desexos, que ten coma protagonista a un neno que quere xogar coa súa pelota pero nin tan sequera, por agasallos caídos do ceo, é capaz de cumprir o seu soño...
Estupenda recreación gráfica en 2D tradicional, Intento é unha animación colombiana do ano 2001, presentada en numerosos festivais e que participa na III edición de Animacam na categoría Retrospectiva
No hay comentarios:
Publicar un comentario