14 de diciembre de 2009

O último sorteo de festas fai un roteiro por distintos puntos de Galicia

O terceiro e último sorteo desta Segunda Edición celebrouse o pasado 23 de novembro. Valeriano Fernández, natural de Pontevedra e actualmente residente en Pantín (Valdoviño), resultou gañador deste último sorteo da Segunda Edición de Animacam, presentando as súas fotografías e vídeos da Festa do Boi en Allariz, o Samaín, as pulpadas de San Froilán en Lugo e unha cómica instantánea das consecuencias da camiñada a Santo Andrés de Teixido.

Xardineiro de profesión e afeccionado ao debuxo e á fotografía, Valeriano agradeceu encarecidamente o obsequio do Premio Galicia Natural. Compartindo o ambiente festivo que tivo ocasión de disfrutar (na festa do Boi e demáis) e creando aires festivos (coas cabazas, deseñadas por el mesmo), este usuario é un dos participantes máis activos desta Segunda Edición do Animacam.

No hay comentarios:

Publicar un comentario