9 de febrero de 2011

NOTICIAS DE ULTIMA HORA ANIMACAM 2011

Animacam 4ª Edición 2011 comezará o 12 de Setembro de 2011

Acordo de Colaboración Animacam-Festival Eurocine 2011, Colombia

Querid@s amig@s, informámosvos que a 4ª Edición de Animacam 2011, finalmente, comezará o 12 de Setembro de 2011, con novedades e sorpresas nas que estamos traballando e esperamos que satisfagan a tod@s.

Ata daquela, presentámosvos unha nova: o Acordo de Colaboración, recén creado, entre a CONSELLERÍA CULTURAL DA EMBAIXADA DE ESPAÑA EN COLOMBIA e ANIMACAM para a Exhibición e Promoción en Latinoamérica da Curtametraxe Europea de Animación Participante nas Edicións 2ª e 3ª de Animacam. As curtas, pertencentes á Categoría Curtametraxee, das Seccións Oficiais de Animacam 209-2010, serán exhibidas no Festival Eurocine 2011 que se celebrará en Bogotá do 27 de Abril ao 8 de Maio de 2011. Desexamos que a iniciativa resulte do voso agrado.


PRESENTACIÓN DE “EUROCINE” POLA EMBIXADA ESPAÑOLA

EUROCINE http://www.festivaleurocine.com/2010/ naceu coa vontade de diversificar a proposta cinematográfica de Colombia, abrindo espacios ao cine Europeo de calidade, apenas representado ata agora nos circuitos tradicionais. Esta edición 2011 quere facer fincapé na Animación, xénero no que os creadores europeos ten demostrado históricamente un grande saber facer.

A Consellaría Cultural da Embaixada de España en Colombia

quere convidar aos Participantes Europeos de Animacam na Categoría de Curtametraxe, nas Ediciones 2009/2010, a enviar as súas Curtas para Participar na Sección de Exhibición-Promoción do Festival Eurocine 2011, que se celebrará en Bogotá do 27 de abril ao 8 de maio de 2011.


COMO PARTICIPAR
            
Os interesados poden enviar as súas Curtas, subtitulados ao español,  (2 Copias en DVD PAL-Máxima Calidade) a Animacam.tv · Tecnópole · Edificio CEI–Nido 19 Buzón 35 · 32900 San Cibrao das Viñas · Ourense · España, deica o 25 de marzo de 2011. Unha vez alí, o Equipo 
Animacam enviaráos por Valixa Diplomática á Embaixada Española en Colombia.

O Comité Asesor de Eurocine na Embaixada de España realizará unha selección final de acordo a criterios de representatividade e calidade a partires da convocatoria de ANIMACAM. Esta selección é a que finalmente será amosada, e así se comunicará aos seleccionados.

            Animacam non percibe nengún tipo de remuneración económica pola xestión e organización deste evento desde España: é unha colaboración desinteresada con Eurocine 2011 para a promoción en Latinoamérica do cine Europeo de Animación participante en Animacam en 2009, 2010.

Moitas gracias a tod@s. Saúdos Animados! Equipo Animacam.

21 de diciembre de 2010

Estimad@s amig@s

 Todo o noso agradecemento,
por ter medrado, un ano máis, convosco,
por ter compartillado, a vosa vida animada, con nosco,
por ter camiñado xuntos, para animar o mundo,
Por todo elo, e por moito máis

FELICES ANIMADAS FESTAS
E VENTUREIRO ANINOVO!

9 de noviembre de 2010

Fernando Trueba entra pisando forte no mundo da animación con "Chico y Rita"

Foto:EFE
Artigo: Emol.cultura

Adicada ao músico cubano Bebo Valdés, esta longametraxe de animación levou o Premio á Mellor Película, no Festival Internacional de Animación de Holanda.

Dirixido por Trueba e da  man Javier Mariscal, fíxose co Premio á Mellor Película no Festival Internacional de Animación de Holanda (HAFF) por decisión unánime do xurado.

Por medio deste fiml os espectadores trasladaranse "a un tempo vívido e vibrante da historia do jazz".

"É unha historia de amor clásica que une diferentes continentes e momentos no tempo, usando a música para tecer unha rede nostálxica de recordos e para crear unha historia fermosa e melancólica", engadiu o xurado.

"Chico & Rita" conta a historia de amor entre un pianista e unha cantante, a quen a vida vai unindo e separando, como nun bolero. Pero ademais, é tamén a historia de Nova York e A Habana entre os anos 40 e 50.

A banda sonora desta coprodución entre España e Reino Unido corre a cargo de Bebo Valdés, que contou coa colaboración de Estrela Morente e unha impresionante lista de músicos cubanos e estadounidenses. A súa estrea está previsto para o 19 de novembro en Reino Unido e Irlanda.


5 de noviembre de 2010

Jeff Treves realiza o videoclip de Elemnent Karinka: the Ant


Jeff Treves é un gran artista da animación e a ilustración. Graduado de Savannah College of Art e Deseño en 2004, traballou en Nova York para diferentes estudos durante 4 anos, e continuou a súa carreira en Istambul desde 2008.

Encántalle todo tipo de animación, e facer películas en xeral. Particularmente aquelas nas que as historias dos personaxes son potentes. Descubriu o que realmente quería facer como traballo, que define como fecer a metade dese traballo. O resto é só de investigación e formación. Asegura que lle levou a redor de 22 anos saber o que quería facer cos personaxes de animación. E reitéranos que nunca é tarde para aprender o que realmente se quere aprender, afirmando que o talento non é nada comparado á determinación.

Hoxe é o máximo responsable dos estudos Treves en Istambul, e aquí vos deixo o seu traballo. Gozádeo.

3 de noviembre de 2010

A Radio Galega reúne aos gañadores de Animacam III edición

O pasado sábado 30 de outubro, o programa "Somos Quen" da Radio Galega logrou reunir aos gañadores da III Edición de Animacam; quenes, xunto ao director do festival Xosé Luís Carneiro, compartiron un agradable "ratiño" nas ondas. Na entrevista compartiron a súa paixón polo mundo da animación; achegándose ós seus momentos iniciais de desenvolvemento desta arte.

Josué Jaramillo desde Colombia, Inma Carpe desde Dinamarca e Eduardo Alés desde Almería; faláronnos dos proxectos presentes e futuros  sen obviar agradecementos a Animacam. Pois ben!; dende Animacam só podemos responder que o agradecemento é noso para eles e para todos vós que facedes posible que este mundo creza un pouquiño máis cada día. 

Polo voso esforzo, polo voso traballo, pola vosa alegría, pola vosa paixón ... 

Moitas grazas a todos !!!!

Aquí tedes a vosa casa

Mentres esperamos que nos envíen a entrevista completa en alta calidade ... para aqueles que non queirades esperar, podedes atopar o corte facendo Click Aquí. Atópase no fragmento do sábado - 9:05 - no 37´ 30".     

28 de octubre de 2010

Desculpamos a caída do servidor


Estimados amigos e seguidores de Animacam:

Informamos que dende as 19.30 h. do día de onte, até as 07.30 h. do día de hoxe (ambas as en horario español, GMT), por motivos técnicos alleos á Organización do Festival, non foi posible acceder correctamente á páxina de inicio de Animacam.tv. Lamentamos profundamente este contratempo, causado por erros propios da sociedade tecnolóxica na que vivimos e dos que todos somos susceptibles. Actualmente, o fallo xa foi emendado e o usuario e visitante pode navegar con total liberdade e tranquilidade.

Gustaríanos que nos desculpásedes as molestias. Esperamos que continuedes seguíndonos e apoiándonos como sempre fixestes. Moitísimas grazas!!!
 
Un saúdo
EQUIPO ANIMACAM

26 de octubre de 2010

PALMARÉS GAÑADORES TERCEIRA EDICIÓN 2010

 
O Público de 106 países, Xurado do Festival a través do seu voto online,
con 500.000 visitas rexistradas,
decidiu que os premios das 3 Categorías,
patrocinados con 2.000€ cada un pola Entidade Xacobeo S.A.,
 fosen para filmes de Colombia e España

Mellor curtametraxe de animación
Tatián (la casa en el árbol)
Josué Jaramillo
Colombia. 2010

Mellor Obra Multimedia

Los días del Kraülio
Eduardo Alés
España. 2010


Mellor Animación Retrospectiva

Joli Dragon
Inma Carpe
España. 2003

    Desde a Organización salientamos a calidade dos filmes participantes, a diversidade de técnicas de animación empregadas (2D, 3D, Stop Motion, Plastilina...) e de temáticas tratadas (violencia de xénero, conflictos bélicos e territoriais, censura política, relacións familiares e de parella, o medioambiente…).

Visitantes, pelegríns, turistas e internautas rexistrados coma usuarios de 106 países exerceron o seu dereito ao voto (Afganistán, Albania. Alemaña, Andorra, Angola, Anguila, Arxelia, Arxentina, Armenia, Aruba, Australia, Austria, Azerbaixán, Bahamas, Bangladesh, Bélxica, Belice, Benín, Bermuda, Bielorrusia, Bolivia, Bosnia-Herzegovina, Brasil, Bulgaria, Camboia, Canadá, Chile, China, Colombia, Congo, Corea do Sur, Costa Rica, Croacia, Chipre, Cuba, Dinamarca, Dominica, Ecuador, Emiratos Árabes Unidos, Eritrea, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estados Unidos, Estonia, Exipto, Filipinas, Finlandia, Francia, Georgia, Grecia, Guatemala, Holanda, Honduras, Hong Kong, Hungría, Illas Comoros, India, Irán, Irlanda, Israel, Italia, Kenia, Kuwait, Letonia, Lituania, Malasia, Marrocos, México, Moldavia,  Nova Celandia, Nixeria, Noruega, O Salvador, Panamá, Paquistán, Paraguai, Perú, Polonia, Portugal, Porto Rico, Reino Unido, República Checa, República Dominicana, Romanía, Rusia, Ruanda, Samoa Americana, Serbia, Singapur, Sudáfrica, Suecia, Suíza, Taiwán, Túnez, Turquía, Uruguai, Uzbekistán, Venezuela, Xamaica, Xapón, Xordania, Zimbabwe).

Por elo, a dous meses aínda do final, o balance desta 3ª Edición, non pode ser máis satisfactorio:
500.000 visitas
325 filmes de 204 directores de 66 países dos cinco continentes (Alemaña, Armenia, Arxelia, Arxentina, Australia, Austria, Azerbaixán, Bélxica, Bolivia, Bosnia Herzegovina, Brasil, Bulgaria, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea do Sur, Croacia, Cuba, Dinamarca, Ecuador, Eslovenia, España, Estados Unidos, Estonia, Exipto, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, India, Irán, Irlanda, Israel, Italia, Kenia, Letonia, Lituania, Marrocos, México, Moldavia, Nixeria, Noruega, Nova Celandia, Países Baixos, Panamá, Polonia, Portugal, Perú, Reino Unido, República Checa, República do Congo, Romanía, Rusia, Serbia, Singapur, Suecia, Suiza, Taiwán, Turquía, Ucraína, Uruguai, Uzbekistán, Venezuela, Xapón e Xordania).

A máis disto, Dúas Novidades déronlle relevancia a Animacam iste ano:
1º O Blog (Mulleres Animando), contribuiu a que a presenza de directoras femeninas nesta 3ª Edición se elevase até máis de 50 participantes.
Debuxos Animados Feitos por Nenos. Dende Exipto, Inglaterra e España cegou a Concurso, por primeira vez na historia dun Festival deste tipo, Animación en diversas técnicas realizada na súa totalidade por nenos de 8 a 15 anos.
 
Desde Animacam felicitamos aos Gañadores, agradecemos a colaboración de Participantes e Usuarios, e a implicación dos Patrocinadores e Colaboradores (Xacobeo -Xacobeo Filme-, Consellería de Industria, e Tecnópole): sen todos eles non tería sido posibel seguir camiñando xuntos para “animar o mundo”.