31 de agosto de 2010

In the Name of Art


"In the Name of Art" é unha curtametraxe sobre siluetas e un mundo de artistas. A narración conta a creación de dous artistas da súa obra final para un concurso. Contada como unha oscilación entre dous mundos, descubrimos que o que se necesita para gañar un premio de arte, a miúdo involucra o engano.

O emerxente talento Mardo O-Noor; gañador do primeiro Premio Idealog de Investigación de Posgrao en Deseño Gráfico, preséntanos unha obra con certas tinguiduras autobiográficos, que reflicte a vida do artista na súa loita por alcanzar ou manter o prestixio.

30 de agosto de 2010

Masks

Dúas máscaras enfróntanse ante unha asemblea de espectadores preocupados. Unha canción dá comezo a unha estraña danza, un combate ritual.

O director francés Jerome Boulbes, preséntanos un filme cheo de beleza e abstración; no que resalta, ademais do visual, o auditivo cunha excepcional música de Michel Korb.


Máis estrenos en Animacam: Festival Internacional de Animación.

Entramos nos últimos días de recepción de películas a concurso e isto dispárase, séguennos chegando aniamacións de todas as partes do planeta. Na estrea desta semana poderemos gozar de obras de Francia, Nova Zelandia e España.

Comezamos a semana cunha obra de David Fernandez Santos titulada "Después", que nos mostra en forma de videoclip a relación sentimental entra dous bonecos de Play Mobil. Dende Francia, Jérome Boulbés, preséntanos unha lograda animación 3D, que nos achega a loita ritual entre dúas máscaras. De Nova Zelandia, Mardo-O Noor, preséntanos a loita de dous artistas por lograr a obra de máis prestixio. Os amigos de Chips and Films, achégannos esta semana as declaracións inéditas dos campións do mundo antes de regresar a España, non volas perdades. E para pechar, poderedes gozar todas as noites a partir das 20.00 de Negro Clarito Noticias, un divertido noticiario que nos traerá a información máis animada.

27 de agosto de 2010

Novas estreas en Animacam todo o fin de semana

Este fin de semana podemos gozar en Animacan de novas estreas que nos chegan dende todas partes do planeta. As animacións chégannos dende Exipto, Romanía, Arxentina e España.

Dende Arxentina Pablo Urtado ofrécenos unha exploración do individualismo que caracteríza á persoa en modelo autobiográfico, no que se aprecian reminiscencias de Nietzsche, Dumolier, Braudrillard e Tarkovsky. Antón Octavian dende Romanía, ofrécenos a visión futurista dun neno que vive nunha illa flotante. Mentres que de Exipto chéganos The people of the river unha película 3D, cunha duración de 9 minutos, realizada por nenos entre 6 e 10 anos, na que se narra a historia sobre unha das cidades máis antigas de Exipto, Nubia. Por parte española, continuamos coa serie de Chip and Films “Sen tetas non hai ninguén no meu piso”; e as series animadas de Jaume Rofes.

Prema aquí para velas

HOMELAND


Juan de Dios de Marfil envíanos desde a República Checa, unha preciosa animación en 2D cargada de sentimento, emoción e tenrura. Nela enxálzanse valores sociales extrapolables ao dinamismo de a sociedade actual cun enfoque de loita e perseveranza no amor.

Porque onde hai vontade, hai camiño. Non podedes perderlo.


25 de agosto de 2010

"Camuflaje"- Fragmento da primeira longametraxe de animación 3D cubana

Camuflaje, é un fragmento da película de animación "Meñique", a primeira longametraxe de animación cubana en 3D que se atopa en proceso de animar, texturizar, iluminar e realizar os efectos especiais . A película é unha adaptación libre do conto homónimo do escritor insular José Martí, realizado para a revista "La edad de oro".

Animacam ofrece en primicia un fragmento deste filme, realizado por Ernesto Padrón, quen asegura que "o reto maior" que tiveron que vencer non foi modelar en 3D o personaxe, protagonista do filme, senón construír o seu sistema de ósos -nunca antes feito en Cuba- por medio duns manipuladores que permitisen accionar os movementos do corpo ou os xestos da cara. O proxecto, que conta con dous anos de atraso debido a problemas de financiamento, tiña previsto o seu lanzamento en 2011. Hoxe podemos gozar dunha das sete secuencias rematadas polo momento, que contan no seu conxunto final de 80 minutos de duración coa música do cantautor Silvio Rodríguez.


Nova estrea en Animacam -Festival interancional de Animación

Cada día falta menos para comezar o período de votacións e seguen chegando películas de animación de todos os recunchos do mundo. Esta semana temos en carteleira representacións de: Cuba, Nixeria, República Checa e , por suposto, España.

Dende Cuba, Ernesto Padrón, ofrécenos un logradísimo 3D, fragmento da película "Meñique", titulado "Camuflaje". O continente africano, da mán de Nixeria, achéganos unha bela animación chea de cor e simpatía. Dende a República Checa chéganos unha historia de tenrura e esperanza. E, como non podía ser doutra maneira, humor ácido do bo dos mestres de Chip and Films, coa continuación das tetitas; e "Master" Rofes con "Los Putos Traterrestes".

Non podedes perdelo!.

24 de agosto de 2010

"Midnight Matinee"


"Midnight Matinee" presentase mediante un stop-motion de animación que ilustra o percorrido artístico dunha cámara e o caprichoso descubrimento persoal do seu verdadeiro potencial. Saturado de impresionantes efectos visuais e apoiado por unha puntuación de abalo, personifica a inspiradora xornada dun cineasta emerxente.

O canadense Scott Portingale móstranos por medio desta representativa obra, un logradísimo Stop-motion, cunha clara evocación cinematográfica en forma metafórica.