31 de marzo de 2010

Este mércores estamos de estrea!



Tras disfrutar dunha semana completa con cinco películas nas cales contemplábamos diferentes rexistros, queremos obsequiarvos con outras cinco estreas: cinco obras de animación en 2D e 3D; historias tristes e alegres para que contedes cun fin de semana do máis ledo.

Juan del Monte



Chacarera de mence
Esa que canta o raposiño
O que rouba as galiñas
E quédase soíño.

Juan Carlos Camardella presenta unha nova obra en Animacam: Juan del Monte, a historia dun simpático raposo que debece por roubar galiñas. Este autor arxentino compite na sempre difícil categoría de curtametraxe con esta experiencia de aventuras coa técnica de animación 3D.

30 de marzo de 2010

Jelly Sunday


Gretchen saca unha xelatina da súa pota no seu dormitorio mentres os seus pais fan un picnic no xardín. A xelatina cobra vida de súpeto e a nena comeza un baile aloucado co seu novo amigo "Jelly".

Gobelins presenta unha nova obra en Animacam: Jelly Sunday, a historia dunha rapaza e a xalatina. Esta comedia francesa compite na categoría de animación multimedia coa técnica de animación 2D por ordenador.

A memoria dos cans


As miñas fazulas rozan contra as pedras, coido que achei unha brecha no muro.

Simone Massi preséntanos esta dramática obra na categoría de animación retrospectiva coa tradicional técnica de animación 2D.

29 de marzo de 2010

Desanimée... Unha muller desacougada


Unha muller ao final da súa xuventude está sentada no seu sucio e noxento apartamento. Non importa o que aconteza, ela reflexiona.


Anne Leclerq preséntanos esta dramática obra sobre o desánimo e o desacougo que padece unha muller mirando o seu piso, no que nada ten, no que nada quere facer... simplemente mira como pasa o tempo...
Interesante aposta da animadora belga, competindo na sempre difícil categoría de curtametraxe con esta experiencia en stop-motion.

26 de marzo de 2010

Este venres estamos de estrea!

Tras disfrutar dunha semana completa con cinco películas nas cales contemplábamos diferentes rexistros: historias curiosas que abarcaban dende as lendas tradicionais ata as as técnicas máis anovadoras e modernas, procedentes de todas as partes do globo; hoxe venres, queremos obsequiarvos con outras cinco estreas: cinco obras de animación en 2D, 3D, plastilina; historias tristes e alegres para que contedes cun fin de semana do máis ledo.

Juan Manuel Costa presenta unha nova obra en Animacam: Elvira, a historia dun circo único e verdadeiramente circense. O seu compatriota Juan Carlos Camardella presenta en sociedad en 3D a Juan del Monte, un simpático raposo que debece por roubar galiñas. Os franceses de Gobelins presentan unha nova cortiniña para Annecy: Jelly Sunday, a historia dunha nena que se ve ataca por unha xelatina domingueira. A belga Anne Leclerq mostra a tristeza e agonía, acompañado das voltas de cabeza dunha muller no seu piso en Desanimée. Por último, Simone Massi dende Italia, ofrécenos unha tenra historia en 2d tradicional debuxado ao carboncillo en La memoria dei cani. Bo fin de semana e a disfrutar!

Un bo día de picnic

Ritual diario, o ciclo absurdo... Cada personaxe segue ao seu predecesor... Sempre... Infinitamente...

Monika Gallab
preséntanos este interesante traballo en Retrospectiva no cal trata de transmitir a pesadez, o agotamento diario, a vileza e crudeza da rutina que nos machaca por dentro. Empregando backgrounds sinxelos e con moi boa representación da perspectiva, sitúa a diferentes personaxes, diferentes estereotipos que continúan a "labor" que outros lle deixan antes...

25 de marzo de 2010

A verdadeira historia de Carapuchiña

Baseada na obra orixinal de Charles Perrault, a pequena carapuchiña disponse a visitar a súa doce avoíña atopando un fatal desenlace que nada ten que ver cos Contos de Fadas.

Inma Carpe retorna a Animacam presentando unha das súas primeiras obras de animación, cando comezaba a dar os seus primeiros pasos en España: Le petit chaperon rouge (A pequena carapuchiña vermella). Unha historia en 2D tradicional con música clásica rítmica e envolvente que conta con múltiples xiros de torca que sorprenden a espectador, acostumado ao clásico conto de Carapuchiña