Recentemente, recibimos a agradábel invitación de participar e formar parte deste evento inigualábel e interesantísimo para todos os afeccionados á fotografía e á videocreación: a II Xuntanza de Canles Galegas de Youtube! Celebrarase o vindeiro sábado 21 de novembro en Cambados. Velaquí tendes un vídeo de presentación amosado por Xoán Arco da Vella, un dos nosos participantes e colaboradores ao cal sempre lle agradeceremos o seu apoio e aportación a Animacam(vídeo dispoñíbel tamén na nosa web).
No hay comentarios:
Publicar un comentario